Facer grupos de páxinas
A medida que imos construíndo páxinas podemos ir engadindo os fondos de cada unha ou facelo ao final despois de ter organizado a nosa actividade de acordo aos criterios que nos parezan máis axeitados.
Tamén podemos movelas para ordenalas para que a actividade adquira maior significado desde o punto de vista pedagóxico.
Para empezar esta parte abre a actividade instrumentos_musicais, vai á pestana clasificador de páxinas e preme sobre a última que fixeches, a número 10, sen soltar o botón esquerdo arrástraa ata colocala entre a nº 4 e a nº 5.
Preme sobre o botón grupos que está na parte superior do clasificador. Escolle Editar grupos.
Pulsa Engadir grupo. Verás que aparece un novo grupo cunha soa páxina en branco. Pulsa de novo Engadir grupo para crear un terceiro. Fai dobre clic sobre os nomes de cada grupo ou desprega o menú que hai na parte dereita da barra de título de cada grupo para renomealos. Chámalles grupo1, grupo2 e grupo3.
Preme e arrastra ás páxinas 8, 9 e 10 para o grupo 3 e elimina a que estaba en branco nese mesmo grupo.
Preme e arrastra as 6 e 7 para o grupo 2 e elimina tamén a que está en branco.
Quédache da seguinte maneira:
Pecha a vista de grupos clicando sobre a aspa que hai na parte dereita da pantalla.
Garda os cambios que fixeches.