Hiperligazóns desde os obxectos
Unha ligazón en Notebook vainos permitir acceder a unha páxina web, navegar entre as distintas páxinas que poida conter o ficheiro no que estamos, ir a outro ficheiro que teñamos no noso equipo ou aos anexos que teñamos cargados no noso equipo.
Inserir unha ligazón é un proceso sinxelo que se inicia tendo seleccionado calquera obxecto que teñamos na páxina.
Vai á páxina nº 5, a que contén o vídeo dos instrumentos tradicionais galegos, preme sobre a pestana Galerías e escolle o cartafol LAT 2.0 dentro del gráficos e a continuación Etiquetas y botones. Na parte inferior, onde se desprega o contido da galería seleccionamos o primeiro que atopamos Azul Botón 1. Preme sobre el e arrástrao á zona de traballo.
Colle a ferramenta de texto escribe Ver o vídeo completo e colócao sobre o botón..
Agrúpaos e preme sobre Ligazón no cadro de diálogo. Aquí vas ver as distintas posibilidades que che da Notebook para facer as ligazóns.
Escolle Enderezo e pega esta URL http://www.youtube.com/watch?v=RGx-_WWUKpw
Bloquea todos os elementos da páxina e gárda os cambios.