Inserir frechas
Coa actividade instrumentos_musicais aberta insire unha páxina en branco desde o menú ou desde a barra de ferramentas.
Vai á ferramenta texto e escribe Clasificación.
Xira o texto colocando o punteiro sobre o círculo verde ata que quede vertical nun lateral como che aparece na seguinte animación.
Escolle o botón formas e insire un rectángulo de 12x2 cm aproximadamente.
Selecciónao e vai a propiedades de e aplícalle un recheo sólido.
Desprega o menú da forma e escolle a opción Clonador infinito. Neste momento cada vez que selecciones a forma vas poder arrastrar unha nova exactamente igual a esa. Fíxate que cambiou a icona do cadro de diálogo por un signo de infinito.
Arrastra dúas copia e sitúaas en columna no centro da pantalla, de xeito que quede espazo suficiente entre eles.
Cando teñas os tres caddros colocados volve ao primeiro e quítalle a opción Clonador infinito.
Podes ver a secuencia na seguinte animación.
Vai á barra de botóns e escolle liñas.
Escolle unha frecha e colócate entre o texto clasificación e o primeiro rectángulo para crear unha unión entre ambos.
Para colocar a frecha no sitio exacto onde queremos selecciónaa e arrastra os círculos brancos dos extremos como queira.
Tendo a frecha seleccionada vai a Propiedades e logo a Estilo de liña. Auméntalle o grosor dalle unha cor vermella.
Tendo a frecha xa transformada seleccionada desprega o menú e escolle a opción Clonar. Nese mesmo momento terás unha nova copia exactamente igual da frecha que vas colocar entre os rectángulos que aínda non estaban unidos.
Selecciona todas as formas e agrúpaas. Logo bloquea a nova forma que obtiveches polo agrupamento de todas.
A continuación coa ferramenta texto escribiremos as instrucións ao alumnado: completa a clasificación dos instrumentos musicais.
Por último bloquea de maneira independenete os catro textos: as instruccións bloqueo total, e percusión, vento e cord.
Ao remate a actividade quedará similar a como aparecen na seguinte imaxe.
Garda os cambios antes de pechar ou pasar á seguinte actividade.