Encerado Dixital Interactivo

Neste apartado do módulo 1 imos ver as posibilidades que nos ofrece o Encerado Dixital Interactivo como ferramenta de traballo nunha aula.

Para achegarnos a el escollemos a pantalla Smartboard que se instala nas aulas Abalar e imos empregar o mesmo software dos portátiles de aula dese proxecto.

Cómpre sinalar neste sentido que na actualidade Notebook funciona dun xeito un pouco máis limitado sobre Linux que sobre Windows aínda que é de agardar que esas limitacións se vaian corrixindo pouco a pouco.

De calquera xeito o que vas ver ao longo deste tema vaiche servir para ambos sistemas de maneira indistinta.