Inserir sons

Coa actividade instrumentos_musicais aberta vai ao cartafol que acabas de crear no teu contido e arrastra os arquivo clarinete.png, piano.png e tambor.png ata a área de traballo. Modfícalle o tamaño e alíñaos en calquera zona da pantalla. 

Selecciona a imaxe do clarinete e desprega o cadro de diálogo.

Elixe son. Aparécenos a xanela de Examinar o noso equipo e desde ele iremos ata o cartafol que contén o son clarinete.mp3, seleccionámolo e prememos Abrir.

De volta á xanela anterior elixe que o son se execute ao premer no obxecto.

Aceptamos e bloqueamos a imaxe do clarinete co seu son.


A continuación facemos o mesmo coas outras dúas imaxes pero escollendo que se executen ao premer na icona da esquina.

Explica ao alumnado o que debe facer cun texto similar a este: preme en cada instrumento para escoitares o seu son.

Bloquea os elementos da páxina e garda os cambios.