A barra lateral esquerda
Na esquerda o programa coloca por defecto unha barra con catro pestanas con distintas funcións.
1.Clasificador de páxinas:
Premendo nesta pestana teremos unha vista das páxinas que contén a actividade que temos aberta ou sobre a que estamos a traballar.
Cando abrimos unha actividade nova, esta vai conter só unha páxina en branco. Engadiremos outras desde a barra de botóns premendo sobre engadir páxina ou desde a barra de menús pulsando inserir e logo páxina en branco.
Facendo un clic sobre calquera das páxinas esta aparece na zona central de traballo.
Este clasificador permítenos ademais modificar o orden no que están as páxinas da nosa actividade: premendo sobre unha co botón esquerdo do rato podemos arrastrala e soltala no lugar do clasificador onde queiramos que apareza.
2.As galerías:
A segunda das pestanas lévanos as galerías.
As galerías son coleccións de arquivos multimedia (imaxes, sons, animacións...) que carga o programa cando o instalamos ou que nós imos engadindo ás nosas coleccións cos elementos que imos necesitar para o noso traballo.
Cando accedemos ao contido desta pestana veremos como a barra esquerda se divide en dúas partes: unha superior onde vemos unha estrutura de cartafoles que na aparecen todas as galerías que temos instaladas e unha inferior na que se amosa o que contén cada unha delas clasificado segundo o tipo de contido que sexa: imaxes, contidos interactivos e multimedia, páxinas e ficheiros de Notebook ou fondos de páxina e temas.
Podemos ver o contido de cada un dos apartados da parte inferior da barra esquerda premendo sobre el.
Para empregar calquera dos elementos que xa temos á vista só temos que arrastralos cara a zona de traballo ou facer dobre clic sobre eles.
3.Anexos:
Podemos colocar anexos para ter mellor organizados os contidos da nosa actividade ou porque algún formato de arquivo non é posible colocalo na zona de traballo, como é o caso dos vídeos en mpeg nos equipos que non son do proxecto Abalar.
Existen tres tipos de anexos.
- Copia do arquivo: garda una copia dun documento que teñamos no noso equipo.
- Acceso directo ao arquivo: garda a ruta ao arquivo do noso equipo.
- Hiperligazón: inclúe unha ligazón a un sitio web.
4.Propiedades: premendo na pestana propiedades veremos unha xanela distinta en función do obxecto que teñamos seleccionado. Desde aquí poderemos modificalo cambiándolle os atributos de cor, liña ou darlle unha sinxela animación .