Descarga
Os LAT son unha serie de actividades e recursos interactivos moi sinxelos de editar e que poderemos empregar en calquera área ou nivel.
Cando instalamos o software de Notebbok 10 instala xa este paquete de recursos. En caso de que non fora así podemos facer a descarga desde a páxina de Smart www.smarttech.com/es> Soporte> Descarga del software na opción Software de aprendizaje colaborativo SMART Notebook escollemos o sistema operativo onde imos instalar e para rematar escollemos Descargar kits de herramientas de actividad lectiva e logo o arquivo no idioma que desexemos.
Neste momento non está traducido o arquivo ao galego.
Nos portátiles de aula Abalar a instalación xa está feita e se actualiza a través do mesmo sistema que o resto do software polo que non teremos que preocuparnos pola instalación nen polas actualizacións.
O funcionamento destas ferramentas é sinxelo: temos que editalos e engadirlles contido para que se executen as actividades que soen ser de completar palabras, ordenar letras, clasificar textos, clasificar imaxes...