A interface do programa
Cando abrimos o Notebook
atopamos a pantalla dividida en tres zonas: unha central que é onde
imos traballar, unha superior que contén as barras de menús e
botóns (lembra que esta zona se pode colocar na parte inferior) e
unha esquerda (que tamén pode estar na dereita) que contén catro
pestanas e que iremos seleccionando en función do momento de
traballo no que esteamos.
As funcións das barras de menús e de botóns irémolas vendo a medida que vaiamos facendo as prácticas. Unicamente debemos lembrar neste intre que logo de empregar calquera dos botóns das distintas ferramentas debemos voltar á función cursor para poder seguir o proceso de edición ou creación dentro da zona de traballo.
Estas son as funcións básicas que atoparemos na barra de botóns.