Edicion2
Section outline
-


Edición da web do centro con Drupal e Coppermine
Máis información sobre este curso
Esta actividade de formación enmárcase no modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede de Formación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, presentado en marzo 2023, que pode ser consultado nesta ligazón.
A través deste curso formaraste prioritariamente nas seguintes competencias:
Competencia profesional Descritor / área e competencia (en CDD) Nivel Indicadores Competencia dixital docente
1. Compromiso profesional B2 1.1.B.2.1. Identifica e pon en práctica usos complementarios das ferramentas de comunicación organizativa respectando as políticas de uso aceptable establecidas no centro. Competencia dixital docente
1. Compromiso profesional
B2
1.1.B.2.2. Colabora no desenvolvemento ou mellora do plan de comunicación do centro.
Competencia dixital docente
1. Compromiso profesional
B2
1.1.B.2.3. Presta apoio, de maneira informal, a outros e outras docentes, na correcta utilización das tecnoloxías para a comunicación do centro.
Competencia dixital docente 2. Contidos dixitais B2 2.2.B.2.2. Utiliza medidas de seguridade para evitar a perda de información en situacións de edición compartida de contidos educativos dixitais.
Competencia dixital docente 2. Contidos dixitais B2 2.2.B.2.3. Aplica criterios técnicos na integración e modificación dos contidos dixitais para que se poidan empaquetar, exportar e despregar de forma accesible nas plataformas empregadas no centro educativo.
Competencia dixital docente 2. Contidos dixitais B2 2.3.B.2.1. Coñece e emprega todas as funcionalidades de catalogación, de acceso e navegación proporcionadas polos CMS, BB. DD., repositorios e CLMS do centro e doutros contornos profesionais para mellorar a identificación e acceso aos contidos educativos dixitais. Competencia dixital docente 2. Contidos dixitais B2 2.3.B.2.2. Asesora, de modo informal, outros e outras docentes no uso de licenzas, catalogación e inclusión de metadatos nos contidos educativos dixitais. -

Módulo 0. Presentación do curso, das persoas participantes e da aula virtual
📆 Do XX de XX ao XX de XX
Os primeiros días do curso adicarémolos a facer a nosa presentación á comunidade de aprendizaxe, a familiarizarnos co espazo da aula virtual, a botar unha ollada xeral aos temas do curso e realizar as tarefas iniciais. No caso de non realizar estas actividades iniciais considerarase que abandonas o curso e a túa praza ofertarase a unha persoa da lista de reserva.
-
Pendente: mércores, 8 de xullo de 2026, 9:00 AM
-

Módulo 1. Estrutura e apariencia do sitio web. Personalización do perfil de usuario.
📆 Do 9 de marzo ao 15 de marzo
Co usuario facilitado (editor de contido do sitio web) teremos acceso ás seguintes opcións na plataforma:- Contido: Contén todas as opcións relacionadas coa creación e edición de contidos (Verase con detalle nun bloque posterior do curso).
- Ficheiros: permite visualizar os ficheiros da web e eliminar os gardados polo propio usuario.
Os usuarios con perfil de xestor e editor principal teñen acceso ademais a outras opcións que permiten modificar a estrutura da páxina (menús, taxonomías, bloques e zona de logos), establecer configuracións específicas ou crear e xestionar usuarios asignándolle un rol.-
Pendente: martes, 20 de maio de 2025, 12:01 AM
-

Módulo 2. Xestión de usuarios e roles en Drupal. Permisos
📆 Do 16 de marzo ao 22 de marzo
En Drupal existen dous roles de usuario por defecto denominados "usuario autenticado" e "usuario anónimo", que non se poden eliminar.Calquera usuario que se identifique na plataforma cunha conta de acceso pertencerá automaticamente ao rol de "usuario autenticado". No caso contrario, o seu rol na plataforma será o de "usuario anónimo".
Os xestores da plataforma poden crear novos usuarios e asignar os roles correspondentes.
Os permisos dos usuarios na plataforma virán determinados polo rol ou roles aos que pertenzan, de xeito que todos os usuarios dun determinado rol disporán dos mesmos permisos na plataforma.
-

Módulo 3. Creación de contidos en Drupal 10
📆 Do 23 de marzo ao 29 de marzo
Drupal permite crear diferentes tipos de contidos. Con carácter xeral, á hora de crear un contido haberá que especificar de xeito obrigatorio o título, que actuará como hipervínculo. Adicionalmente, en función do tipo de contido, haberá que cumprimentar outros campos de información (corpo, referencia a termos de taxonomía, ficheiros adxuntos...), que poden ser obrigatorios ou opcionais, segundo se establecera na propia definición do tipo de contido.Unha vez se almacena un contido en Drupal convírtese automaticamente nun "nodo" e recibe un número natural único de identificación na plataforma. A URL de acceso a calquera contido en Drupal será do tipo:
centros.edu.xunta.gal/cursoXX/node/nº-identificación-do-nodo
-

Módulo 4. Taxonomías en Drupal 10. Clasificación do contido
📆 Do 6 de abril ao 12 de abril
Drupal conta cun sistema de taxonomías que serve para organizar e clasificar os contidos da web de forma sinxela.
As taxonomías están formadas por vocabularios, e cada vocabulario inclúe diferentes termos organizados de maneira xerárquica (por categorías e subcategorías).Este sistema permite:
-
-
-
-
- Agrupar e ordenar mellor os contidos da web.
- Facilitar a súa localización e navegación.
- Controlar que usuarios poden acceder a determinados contidos.
- Relacionar os contidos cos menús do sitio para crear unha estrutura máis clara e organizada.
-
-
-
En resumo, as taxonomías permiten manter a información ben organizada e facer que a navegación pola web sexa máis sinxela tanto para os administradores como para os usuarios.
-
-

Módulo 5. Control de acceso ao contido en Drupal
📆 Do 13 de abril ao 19 de abril

Por defecto, todos os contidos publicados ata este momento no curso poden ser visualizados por calquera usuario ou rol, sexa anónimo ou autenticado.
Con carácter xeral, esta será a situación habitual xa que o sitio web é unha plataforma de consulta e difusión de información para toda a comunidade educativa.
Porén, en ocasións pode resultar necesario controlar o acceso a determinados contidos ou partes da web, de xeito que só poidan acceder aqueles usuarios ou roles que cumpran unha determinada condición.
-

Módulo 6. Coppermine
📆 Do 20 de abril ao 26 de abril

Coppermine é unha aplicación web que permite xestionar de forma sinxela unha galería de imaxes e vídeos para o noso centro. Entre as características máis salientables:
-
- Posibilidade de agrupar imaxes en álbumes para unha xestión ordenada.
- Posibilidade de agrupar álbumes en categorías e subcategorías.
- Restricións no acceso aos álbumes (públicos ou privados).
- Rexistro das visualizacións de cada imaxe.
- Posibilidade de realizar valoracións (votacións) e comentarios de cada unha das imaxes.
- Posibilidade de crear coleccións de imaxes favoritas para cada usuario.
💡 Nota: Inicialmente facilítase a cada alumno ou alumna unha conta de usuario admin con permisos de administrador co contrasinal Adwd.2026. Por outra banda, ao igual que acontece nos centros educativos reais, existe un usuario administrador denominado "webmaster" que non deberedes borrar nin editar, pois será o usuario que empregaremos os titores para o seguimento e resolución de dúbidas durante o curso. (En centros reais, o usuario webmaster é o empregado polos administradores do proxecto Webs Dinámicas para o mantemento do sitio).Cada unha das tres aplicacións que forman parte do proxecto Webs Dinámicas (Drupal, Moodle e Coppermine) ten os seus propios usuarios independentes.
-
-

Tarefas opcionais
📆 Ata o 30 de abril
Tarefa 1. Activación do bloque Alertas no sitio web.Tarefa 2. Visualización en Drupal dos álbumes creados en Coppermine.
Tarefa 3. Creación de álbumes de imaxes directamente en Drupal.
-
Pendente: martes, 20 de maio de 2025, 12:03 AM
-

"Webs dinámicas: Drupal e Coppermine"
pola Axencia para a modernizacion tecnolóxia (AMTEGA)publícase baixo unha licenza
Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.