Ir ao contido principal
Asesoría Abalar Ourense
  • Inicio
  • Calendario
  • Asesorías Abalar
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
Asesoría Abalar Ourense
Inicio Calendario Asesorías Abalar
Expandir todo Contraer todo
  1. edicion2
  2. 6. Galería de imaxes - Coppermine 1.6
  3. 6. Creación de categorías e álbumes públicos e privados. Xestión de usuarios e grupos

6. Creación de categorías e álbumes públicos e privados. Xestión de usuarios e grupos

Requisitos do completado

📋 6. Creación de categorías e álbumes públicos e privados. Xestión de usuarios e grupos


🎯 Obxectivo

O obxectivo desta tarefa é familiarizarse coa galería de imaxes (Coppermine).

Cada participante accederá á galería do sitio asignado (https://centros.edu.xunta.gal/cursoXX/galeria/) co usuario admin con permisos de administrador co contrasinal Adwd.2026 para:

  • Cambiar a descrición da galería.
  • Crear categorías e albúms privados e públicos.
  • Xestionar usuarios e grupos.
📝 Instrucións para realizar a tarefa
  • A) Personalización da galería
    • Seguindo as instrucións do seguinte enlace, cambiar a descrición da galería no menú Configuración > Configuración xeral > Descrición da galería: modificar para que apareza Galería de imaxes de o voso nome e apelidos. Gardar a nova configuración

    • Opcionalmente cambiar o tema ou plantilla que da aspecto á galería no menú Configuración > Configuración de Temas. O tema establecido inicialmente é o Curve. Existen 4 temas máis. En calquera caso para a realización do curso empregaremos o tema por defecto: Curve. Podedes consultar como facelo no seguinte enderezo.

  • B) Creación de categorías e álbumes públicos
    • Como usuario admin (Ficheiros > Categorías), crear unha categoría tal e como se explica na documentación.
      • Título da categoría: Curso 2021-22.
      • Descrición da categoría: Imaxes do centro do Curso 2021-22.
    • No menú Ficheiros > Albums, seleccionar a categoría Curso 2021-22 para crear 2 álbumes cos nomes Magosto e Entroido en dita categoría. (Para crear un álbum, facer click en "Novo álbum" e a continuación escribir o nome do álbum e premer en "Ok". (Podedes ver a documentación de como facelo no seguinte enlace).
    • Seleccionar o álbum Magosto facendo click sobre el e a continuación premer en Propiedades do álbum:
      • Para especificar que o álbum sexa público (documentación):
        • O álbum pode ser visto por: Todos (álbum público).
        • Protexer con contrasinal este álbum: Non marcar o check
      • Para impedir que outros usuarios distintos ao usuario que creou o álbum podan subir ficheiros no álbum Magosto:
        • Visitantes poden subir ficheiros: Non
      • Adicionalmente permitiremos que os visitantes podan valorar os ficheiros subidos
          • Visitantes poden valorar ficheiros: Si

    • Repetir o paso anterior para o álbum Entroido coa única diferencia que neste caso os Visitantes non poden valorar ficheiros: Visitantes poden valorar ficheiros: Non.


    • O seguinte paso será subir imaxes aos álbumes creados no paso anterior premendo no botón Subir ficheiro (aquí tedes o enlace coa explicación de como facelo).
      • Seleccionar o álbum Magosto e subir as imaxes 1.jpg e 3.png.
      • De xeito similar, seleccionar o álbum Entroido e subir nel as imaxes 2.jpg e 4.png.
    • Pechar a sesión e como usuario anónimo comprobar que as imaxes anteriores sexan visibles. Verificar que no álbum "Magosto" é posible valorar as imaxes e en "Entroido" non.
    • Comprobar o funcionamento do pase manual das imaxes premendo nos botóns "Ver ficheiro anterior" e "Ver ficheiro seguinte" anterior-posterior. (Neste enlace podes ver a información sobre como visualizar as imaxes da galería).
    • Comprobar o funcionamento en modo Presentación premendo na icona presentacion. (Pódese cambiar o tempo de transición entre imaxes no menú Configuración > Vista de imaxes > Intervalo da presentación de diapositivas - en milisegundos -. Aquí tes o enlace coa explicación de como facelo).
  • C) Solucionar problemas na subida de arquivos á galería
👉  Coppermine establece por defecto uns parámetros de configuración para os diferentes tipos de arquivos que se poden subir á galería. O incumprimento dalgún deles provocará a aparición dunha mensaxe de erro no momento de subir ficheiros á aplicación. Para solucionar o problema será preciso acceder como usuario administrador e cambiar algún parámetro de configuración. Para explicar este proceso provocaremos un erro concreto a modo de exemplo (podes ver a documentación no seguinte enlace).
    • Subir ao álbum Magosto a imaxe castanas.jpg que podes descargar do cartafol de imaxes.
    • Aparecerá unha mensaxe de erro provocada polo exceso no tamaño do ficheiro que se pretende subir.

    • O erro anterior ven provocado polo feito de que o ficheiro castanas.png ten un tamaño de 1.4 MB, o que excede o tamaño máximo por defecto configurado en Coppermine. Para solucionar o erro, como usuario admin prememos en Configuración > Configuración de ficheiros > Tamaño máximo dos ficheiros subidos e especificamos por exemplo 4 MB.
    • Premer en Gardar a nova configuración.
👉 Álbumes privados. Restrinxir o acceso a un álbum con contrasinal
  • Os álbumes privados son aqueles que só poden ser visualizados polo usuario que os crea.
  • Unha variante intermedia entre álbumes públicos e privados consiste en especificar un contrasinal que haberá que introducir para posibilitar o acceso aos contidos dun álbum.
  • D) Transformación do álbum Entroido de público a privado (como usuario admin)
    • No menú Ficheiros > Álbums, seleccionar o álbum Entroido e facer click en Propiedades do álbum.
      • O álbum pode ser visto por: Marcar a opción Só eu.
      • Protexer con contrasinal este álbum (Clic si): deixamos o check desmarcado.
      • Gardamos os cambios premendo en Actualizar álbum.
    • Pechar sesión e comprobar que como usuario anónimo non podemos visualizar agora o álbum Entroido.
    • Podes consultar a documentación do visto neste apartado no seguinte enlace.
  • E) Restrinxir o acceso ao álbum Entroido mediante un contrasinal (como usuario admin)
    • No menú Ficheiros > Álbums, seleccionar o álbum Entroido e facer click en Propiedades do álbum.
      • O álbum pode ser visto por: Marcar a opción Só eu.Protexer con contrasinal este álbum (Clic si): marcamos o check.
        • Contrasinal do álbum (Novo contrasinal): Especificamos como contrasinal: coppermine
        • Pista do contrasinal do álbum: Especificamos: A aplicación da galería de imaxes é (minúsculas)
      • Gardamos os cambios premendo en Actualizar álbum.
    • Pechar sesión e comprobar que como usuario anónimo non podemos visualizar agora o álbum Entroido.
    • Para posibilitar aos usuarios anónimos a existencia de álbumes privados, como usuario admin deberase marcar a opción Configuración > Vista lista de álbums > Amosar icona de álbum privado a usuarios non acreditados e facer click en Gardar a nova configuración.
      • A partir desde momento os visitantes verán unha icona cun candado indicando que se trata dun álbum privado.
    • Pechar sesión e comprobar que agora como usuario anónimo aparece o álbum Entroido cun candado. Ao premer sobre el nos pedirá o contrasinal de acceso.
    • Podes consultar a documentación do visto neste apartado no seguinte enlace.
  • F) Creación dun usuario e dun álbum persoal
    • Como usuario admin, crear un novo usuario premendo no botón Usuarios e, a continuación, no botón Crear novo usuario:
      • Nome de usuario: profesor
      • Contrasinal: Poñer como contrasinal profesor.
      • O usuario está activo: Ten que estar marcada a opción Si.
      • Grupo do usuario: Deixar a opción por defecto que aparece no desplegable: Registered.
      • Email do usuario: Neste caso podemos deixalo en branco, aínda que nunha galería dun centro real sería moi recomendable para o caso de esquecer o contrasinal.
      • Facer click en Enviar para gardar os cambios.

    • Poñer o punteiro do rato por riba do menú Usuarios e na opción emerxente Grupos editar os permisos para o grupo Registered (O grupo Registered en Coppermine é equivalente ao rol usuario autenticado en Drupal. É dicir, usuarios rexistrados que dispoñen dunha conta de usuario na plataforma):
      • Eliminar a cuota de 1024 KBytes para o grupo Registered e por 0 no seu lugar. (Sen cuota). Deste xeito non terán límite de almacenamento de arquivos subidos na plataforma.
      • Na columna Subida de álbums públicos: Aprobación marcaremos a a opción Non para permitir que os usuarios do grupo Registered podan engadir directamente ficheiros a álbumes públicos sen necesidade de aprobación por parte dun administrador:
        • No caso de marcar a opción Aprobación: Si, a imaxe que suba o usuario profesor non será publicada ata que o administrador o autorice).
      • Na columna Galería persoal, deixaremos as opcións por defecto que permiten que estes usuarios teñan unha Galería Persoal e que podan subir aquivos directamente a ela: Permitido: Si, Aprobación:Non. 
      • Facer click en "Aplicar cambios" para gardar a nova configuración.

Unha vez configurados os pasos anteriores, realizar o seguinte:

    • Pechar sesión como admin e iniciar unha nova sesión co usuario profesor.
    • Crear un álbum na galería persoal do usuario profesor, na categoría A miña galería co voso nome e apelidos. Para iso:
      • Poñer o punteiro do rato por riba do menú O meu perfil e facer click na opción emerxente Crear / ordenar os meus álbums
      • Fixarse que a única categoría dispoñible é A miña galería. Premer en Novo álbum. (*)
      • Premer no álbum creado para seleccionalo e despois en Propiedades do álbum.
      • Configurar o álbum para que sexa público: O álbum pode ser visto por  --> Todos álbum público, sen especificar ningún contrasinal.
    • Premer en Subir ficheiro para engadir a imaxe 5.gif que podedes atopar en Imaxes para a realización das tarefas. Observar que a aplicación só permite subir a imaxe ao álbum creado como álbum persoal.
    • Pechar sesión e comprobar que os usuarios anónimos poden visualizar este novo álbum das galerías de usuarios coa imaxe subida.
👉 

Os administradores poderían permitir que os usuarios do grupo Registered creasen álbumes en categorías xa creadas previamente diferentes á galería persoal do usuario. Por exemplo, para permitir que creasen álbumes na categoría 2021-22 habería que editar a categoría e facer clic na opción:

Grupo(s) autorizado para crear álbums nesta categoría: Marcar a opción Registered de xeito que quede resaltada en azul e gardar os cambios en Actualizar/Crear categoría.


  • G) Permisos para publicar de forma compartida no mesmo álbum
👉 Neste apartado permitirase que o usuario profesor poida subir ficheiros ao álbum público Magosto creado na tarefa anterior polo usuario admin, pertencente á categoría Curso 2021-22.

O usuario profesor pertence ao grupo Registered, para o cal xa se estableceron antes os permisos necesarios. Agora cumprirá dar permisos no álbum correspondente (Magosto).

    • Identificarse como administradores co usuario admin:
      • Premer en Ficheiros > Álbums.
      • Seleccionar a categoría 2021-22 e premer no álbum Magosto para seleccionalo. 
      • Premer no botón Propiedades do álbum.
    • No apartado Permisos para este álbum:
      • Visitantes poden subir ficheiros: SI. O termo "Visitantes" parece dar a entender que se permitirá subir fotos a calquera usuario anónimo e non é así, xa que os permisos dos visitantes dependen do grupo ao que pertenzan. Para o caso do grupo Guest, ao que pertencen os usuarios non autenticados, non debe ter permisos para subir ficheiros.
      • Non marcar o check Protexer con contrasinal este álbum para evitar que se convirta en privado.
      • Premer en Actualizar álbum para gardar os cambios.

Unha vez realizados os pasos anteriores:

    • Pechar sesión como admin e identificarse co usuario profesor.
    • Premer en Subir ficheiro. 
      • Seleccionar o álbum Magosto da categoría Curso 2021-22. Engadir a imaxe 6.gif (Trátase dun gif animado).
    • Realiza unha captura de pantalla na que se visualice que se está a traballar co usuario profesor e se selecciona o álbum Magosto para subir a imaxe 6.gif.
    • Gardar os cambios.
    • Pechar sesión. Comprobar que como visitante anónimo poden verse todas as imaxes do álbum Magosto incluída a que acabamos de subir.
📌 Isto é así porque no apartado a) da tarefa indicouse para o grupo Registered a opción: Subida de álbums públicos--> Aprobación Non. No caso de ter marcada a opción Aprobación: Si, sería preciso a aprobación dun administrador para que os ficheiros fosen visibles. No seguinte enlace podes ver a documentación de como se faría.
📊 Criterios de avaliación
Apartado A) 50%
Apartado B) 50%
📂 Documentación a entregar
  • Resposta a esta tarefa cun enlace á URL da páxina principal do teu sitio de prácticas.
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle