6. Galería de imaxes - Coppermine 1.6
Section outline
-

Módulo 6. Coppermine
📆 Do 20 de abril ao 26 de abril

Coppermine é unha aplicación web que permite xestionar de forma sinxela unha galería de imaxes e vídeos para o noso centro. Entre as características máis salientables:
-
- Posibilidade de agrupar imaxes en álbumes para unha xestión ordenada.
- Posibilidade de agrupar álbumes en categorías e subcategorías.
- Restricións no acceso aos álbumes (públicos ou privados).
- Rexistro das visualizacións de cada imaxe.
- Posibilidade de realizar valoracións (votacións) e comentarios de cada unha das imaxes.
- Posibilidade de crear coleccións de imaxes favoritas para cada usuario.
💡 Nota: Inicialmente facilítase a cada alumno ou alumna unha conta de usuario admin con permisos de administrador co contrasinal Adwd.2026. Por outra banda, ao igual que acontece nos centros educativos reais, existe un usuario administrador denominado "webmaster" que non deberedes borrar nin editar, pois será o usuario que empregaremos os titores para o seguimento e resolución de dúbidas durante o curso. (En centros reais, o usuario webmaster é o empregado polos administradores do proxecto Webs Dinámicas para o mantemento do sitio).Cada unha das tres aplicacións que forman parte do proxecto Webs Dinámicas (Drupal, Moodle e Coppermine) ten os seus propios usuarios independentes.
-