Section outline

  • Módulo 4

    Módulo 5. Control de acceso ao contido en Drupal

    📆  Do 13 de abril ao 19 de abril

    Por defecto, todos os contidos publicados ata este momento no curso poden ser visualizados por calquera usuario ou rol, sexa anónimo ou autenticado.

    Con carácter xeral, esta será a situación habitual xa que o sitio web é unha plataforma de consulta e difusión de información para toda a comunidade educativa.

    Porén, en ocasións pode resultar necesario controlar o acceso a determinados contidos ou partes da web, de xeito que só poidan acceder aqueles usuarios ou roles que cumpran unha determinada condición.