4. Asociación de contidos a taxonomías. Menús asociados a taxonomías
📋 4. ASOCIACIÓN DE CONTIDOS A TAXONOMÍAS. MENÚS ASOCIADOS A TAXONOMÍAS
Como xa vimos con anterioridade, todos os contidos almacenados no sitio web convírtense automaticamente en nodos, que Drupal referencia por medio dun número natural único, que se poderá cambiar por un nome que permita identificar dito contido no nomento da súa creación ou editando o contido a posteriori.
O concepto de taxonomía permite categorizar (clasificar, etiquetar) os diferentes contidos (nodos) do noso sitio web, con un criterio previamente establecido por un usuario pertencente ao rol xestor.
Con carácter xeral, na configuración inicial do sitio web que se proporciona aos centros educativos, as taxonomías están asociadas a un menú co mesmo nome que a taxonomía. Este aspecto, nome do menú asociado a unha taxonomía co mesmo nome, é moi recomendable para facilitar o mantemento do noso sitio web.
Para cada vocabulario de taxonomía poden engadirse varios termos que, ao estar asociados a un menú, convírtense automaticamente en submenús nos que os diferentes usuarios poden publicar determinados tipos de contidos sempre e cando conten cos permisos correspondentes (os permisos establécense por roles).
🎯 Obxectivo
O obxectivo desta cuarta tarefa é aproximarse ao sistema de clasificación de contidos de Drupal mediante o emprego de taxonomías, o que permite organizar a información do sitio web mediante a asociación dos termos de taxonomía ao menú de navegación principal.Cada participante accederá ao Drupal do sitio asignado para:
- Crear un contido tipo artigo ou páxina básica e asocialo a dous termos de taxonomías diferentes.
- Modificar o número do nodo por un nome identificativo para o contido.
- Comprobar que o contido publicado está identificado co nome asignado.
- Comprobar que ese contido está publicado nas taxonomías seleccionadas accedendo desde o menú de navegación principal.
📝 Instrucións para realizar a tarefa
-
A) Crear un contido tipo artigo ou páxina básica e asocialo a dous termos de taxonomías diferentes
-
- Crearase un contido tipo artigo ou páxina básica.
- Como usuario editor1, Xestionar > Contido> Agregar contido> Artigo ou Páxina básica.
- Título*: poñer un nome ao contido a crear.
- Taxonomía (s): escoller un dous termos de dúas taxonomías diferentes. As taxonomías aparecerá en negriña e os termos a continuación.Unha vez seleccionamos aparecerán de forma consecutiva.
- Corpo: engadir texto e elementos ao corpo do contido.
-
B) Modificar o número de nodo por un nome identificativo para o contido
- Na columna da dereita, ir a Alias de URL: aquí será onde se cambiará o número de node por un nome identificativo do contido, que poderá coincidir co título do contido. Ese nome irá precedido de de barra lateral (/), o nome estará escrito en minúscula, sen til, e cada palabras separada por guion (-). Por exemplo: /menu-novembro.
- Gardar
- Na columna da dereita, ir a Alias de URL: aquí será onde se cambiará o número de node por un nome identificativo do contido, que poderá coincidir co título do contido. Ese nome irá precedido de de barra lateral (/), o nome estará escrito en minúscula, sen til, e cada palabras separada por guion (-). Por exemplo: /menu-novembro.
- C) Comprobar que o contido foi publicado co nome termos de taxonomía elixidos
- Acceder á páxina principal pulsando no longo da Xunta.
- Buscar nos menús de navegación principal os termos de taxonomía aos que tiveramos asociado o contido creado.
- Comprobar que o contido está publicado en ambos termos das taxonomías elixidas.
- Verificar que a URL foi modificada co nome identificativo elixido.
- Acceder á páxina principal pulsando no longo da Xunta.
👉 Existe a posibilidade de asociar contidos a taxonomías que non forman parte do menú de navegación principal:
- A finalidade é ter organizadas de xeito interno todas as publicacións que non necesariamente pertenzan aos menús de navegación principal.
- Esa(s) taxonomía(s) e os seus termos estarán creados priviamente pola persoa xestora.
- Non formarán parte do menú de navegación principal.
- Os contidos estarán organizados internamente, pero non estarán relacionados cos menús creados no menú de navegación principal.
📊 Criterios de avaliación
| Apartado A) | 45% |
| Apartado B) | 45% |
| Apartado C) | 10% |
📂 Envío da tarefa
- Resposta a esta tarefa cun enlace á URL da páxina principal do teu sitio de prácticas.