1. Estrutura e apariencia do sitio web. Modificación dos datos persoais
📋 1. ESTRUTURA E APARIENCIA DO SITIO WEB. MODIFICACIÓN DOS DATOS PERSOAIS
Tal e como se indica no apartado Información xeral sobre o curso, inicialmente facilítase a cada participante un curso de prácticas cun usuario xestoreditor1 (contrasinal Adwd.2026) cos permisos necesarios para realizar as operacións máis habituais de edición do sitio web.
Nesta primeira tarefa personalizarase o perfil de usuario.
Antes de realizar a tarefa é importante ler a documentación da sección Identificación na plataforma, do bloque 1 (apartado Informarse e aprender). Aínda que o rol de editor non permite modificar os aspectos relativos á apariencia e estrutura do sitio web, tamén podes ler a documentación do resto de apartados do bloque, en especial o enlace o novo modelo de web para centros educativos, para coñecer as distinas posibilidades.
👉 O usuario xestoreditor1:
Este usuario ten asignado un rol de sistema:
- Editor de contido: permite crear, modificar e borrar os contidos propios.
🎯 Obxectivos
Cada participante accederá ao Drupal do sitio de prácticas asignado para:
- Modificar o perfil de usuario para cambiar o contrasinal de acceso e o correo electrónico do usuario xestoreditor1.
📝 Instrucións para realizar a tarefa
-
A) Modificación do perfil do usuario xestoreditor1
- Iniciar sesión como usuario xestoreditor1.
- Unha vez autenticados, premendo na lapela Editar (ou alternativamente a través da barra superior de fondo negro, premendo no nome do usuario xestoreditor1 > Editar perfil), accédese automaticamente ás opcións de configuración da conta de usuario.
- Nome de usuario/a: xestoreditor1 (non modificar).
- Cambiar o correo que aparece por defecto polo teu correo corporativo persoal (xxxxx@edu.xunta.gal).
- Introducir un novo contrasinal.
- Confirmar o contrasinal.
- Opcións de idioma:
- Idioma do sitio web: Galego
- Linguaxe das páxinas de administración (Administration pages language): Cambiar a Galician
- Ter presente que ao longo deste curso empregarase a interfaz en galego, polo que os textos incluídos na descrición das tarefas ou na documentación poden cambiar en caso de seleccionar outro idioma. En calquera caso, cada usuario pode establecer un idioma diferente. Para a realización do curso recoméndase traballar co galego.
- Gardar os cambios.
- Pechar sesión e volver a identificarse introducindo o novo contrasinal.
- Iniciar sesión como usuario xestoreditor1.
📊 Criterios de avaliación
| Apartado A) | 100% |
📂 Envío da tarefa
- Resposta a esta tarefa cunha captura de pantalla da páxina de edición do perfil na que se vexa o nome de usuario e o teu enderezo de correo electrónico.