Section outline

    • 👉 Información xeral sobre o curso:

      Cada un dos participantes neste curso dispón dun sitio completo para prácticas de Webs Dinámicas, idéntico ao que se crea actualmente cando un novo centro se incorpora ao proxecto. Estas aplicacións son Drupal (xestor de contidos), Moodle (aula virtual) e Coppermine (Galería de imaxes e vídeos). Pódese ver a asignación de sitios por participante no bloque inicial do curso. É importante respectar o curso asignado a cada un para non interferir na actividade do resto dos compañeiros e compañeiras.

      Ao longo desta actividade formativa tratarase a edición de contidos para Drupal e Coppermine.

      No caso de Drupal, inicialmente facilítase a cada participante unha conta de usuario xestoreditor1 con permisos de edición na web, co contrasinal Adwd.2026.

      Para o desenvolvemento do curso tomarase sempre como referencia a documentación oficial do proxecto Webs Dinámicas.

      • Dita documentación está en constante revisión, polo que estará permanentemente actualizada e accesible tamén cando remate o actual curso.
      • En cada un dos bloques do cursofarase referencia unicamente a aqueles aspectos concretos da documentación oficial que se están a desenvolver no devandito bloque e que son imprescindibles para a realización das tarefas propostas. En calquera caso, debe quedar claro que a documentación oficial recolle máis información da que se tratará ao longo desta actividade formativa, polo que a súa consulta sempre poderá resultar de interese para ampliar as posibilidades que ofertan as aplicacións do proxecto Webs Dinámicas.
      • Co fin de facilitar o traballo e reforzar os aspectos vistos na documentación, as tarefas propostas para este curso están guiadas paso a paso.

      En concreto para este curso, a documentación oficial que se toma como referencia é a seguinte:

      E, por suposto, os titores non somos infalibles, máis ben todo o contrario, así que calquera erro que atopedes no material por favor notificádeo a través dos foros correspondentes para proceder á súa corrección.

      Nada máis de momento.

      Moito ánimo e bo traballo!