Section outline

  • Módulo 2

    Módulo 2. Xestión de usuarios e roles en Drupal. Permisos

    📆  Do 16 de marzo ao 22 de marzo

    UsuariosEn Drupal existen dous roles de usuario por defecto denominados "usuario autenticado" e "usuario anónimo", que non se poden eliminar.

    Calquera usuario que se identifique na plataforma cunha conta de acceso pertencerá automaticamente ao rol de "usuario autenticado". No caso contrario, o seu rol na plataforma será o de "usuario anónimo".

    Os xestores da plataforma poden crear novos usuarios e asignar os roles correspondentes.

    Os permisos dos usuarios na plataforma virán determinados polo rol ou roles aos que pertenzan, de xeito que todos os usuarios dun determinado rol disporán dos mesmos permisos na plataforma.