2. Xestión de usuarios e roles
📋 2. XESTIÓN DE USUARIOS E ROLES. PERMISOS
Co fin de facilitar a xestión de usuarios en Drupal, os usuarios da plataforma agrúpanse en roles, de xeito que todos os usuarios pertencentes a un determinado rol teñen os mesmos permisos.
Ademais, un mesmo usuario pode pertencer a varios roles, o que proporciona unha gran flexibilidade na asignación de permisos. No caso de pertenza a varios roles, o usuario disporá da suma de todos os permisos concedidos a cada un dos roles aos que pertenza.
Existen dous roles por defecto que non é posible eliminar:
- Rol de usuario anónimo, propio do usuario que accede á plataforma sen introducir un nome de usuario e contrasinal.
- Rol de usuario autenticado: inherente a todos os usuarios que acceden á plataforma introducindo un nome de usuario e contrasinal.
A maiores dos anteriores, no proxecto Webs Dinámicas existen os seguintes roles:
- Administrador: Ten habilitados por defecto todos os permisos dispoñibles na plataforma. Os centros educativos non dispoñen de ningún usuario pertencente ao rol administrador.
- Xestor: Ten un dobre conxunto de permisos. Por unha banda, pode crear usuarios e asignar roles. E por outra, pode personalizar o sitio web sen tantas opciós como un usuario do rol administrador.
- Editor principal: Pode crear, modificar ou borrar tanto os seus propios contidos como os contidos xerados por outros usuarios do sitio web (editores do contido).
- Editor do contido: Unicamente pode crear, modificar ou borrar os seus propios contidos. Só pode publicar en determinados apartados da web, establecidos previamente por un usuario administrador ou xestor do sitio.
- Convivencia: Unicamente o usuario convivencia1 creado por defecto no sitio web, co rol convivencia, pode acceder aos rexistros do punto laranxa, ferramenta web para denunciar casos de acoso escolar. A razón é restrinxir ao máximo o acceso a estes envíos, xa que se trata de información de carácter confidencial protexida por protección de datos.
👉 Usuario inicial de centros educativos: roles xestor + editor principal do sitio web
- Desde o proxecto Webs Dinámicas facilítase inicialmente aos centros educativos que solicitan a alta do seu sitio web na nova versión de Drupal, un usuario cos roles xestor e editor principal completamente operativo para empezar a traballar na personalización do sitio e na creación de contidos.
- Este usuario pode asignar o rol de Editor do contido ó profesorado que colabore habitualmente na publicación de contidos na web.
Antes de realizar a tarefa, é importante ler a documentación do bloque 2 (apartado Informarse e aprender) .
🎯 Obxectivos
Nesta tarefa responderás a un cuestionario sobre os posibles roles na web
📝 Instrucións para realizar a tarefa
-
Escolle a única opción correcta de cada pregunta. Podes facer o cuestionario dúas veces, a nota será a cualificación máis alta.
📊 Criterios de avaliación
| Proba | 100% |
Intentos permitidos: 2
Método de cualificación: Cualificación máis alta
Nota para aprobar: 5 de 10