Antes de empezar: Como participar nun curso virtual Platega
Antes de adentrarnos nos contidos e actividades do curso imos realizar algunhas actividades para coñecer a aula virtual e aprender como realizar algunhas accións básicas nun curso virtual Platega:

Le a guía deste curso con atención:
Consulta na Guía do curso as subcompetencias profesionais docentes que imos traballar neste curso, e os contidos e as tarefas. Fai unha análise sobre o que che parece máis interesante, pois na tarefa de presentación terás que ter en conta o lido.
Actualiza o teu perfil de usuario/a de Platega:
Inclúe unha foto túa, para coñecernos e poñernos cara. Aproveita para configurar o xeito de recibir as mensaxes dos foros do curso. Vai ao Bloque da columna da esquerda Administración > Configurar o meu perfil. Se tes dúbidas de como facer isto, visualiza os Minivídeos para saber como...
Aprende sobre netiqueta:
Consulta a información "Netiqueta nos cursos virtuais" sobre a netiqueta nos cursos virtuais e aplícala durante o curso.
Preséntate á comunidade (foro):
Preséntate ao resto de participantes e aos titores para coñecer o noso contexto. Isto farémol no Foro de presentación dos participantes. Indica polo menos as seguintes cuestións:
-
- Comparte o teu nome, especialidade e centro de destino
- Comenta por que pensas que este curso vai resultar útil no teu contexto educativo e como prevés aplicar os coñecementos construídos na túa práctica docente.
- Trala lectura da guía do curso, indica os aspectos que che parecen máis interesantes para ti.
-
Aprende máis da plataforma na Mediateca:
Na barra lateral esquerda atoparás moitos recursos útiles para realizar un curso na Rede, dende minivideos para saber como realizar certas accións (como actualizar o perfil, como entregar tarefas...) ata recursos útiles á hora de realizar moitas tarefas (propiedade intelectual, busca de imaxes libres, netiqueta...).