Section outline

  • Módulo 3

    Módulo 3. Creación de contidos en Drupal 10

    📆  Do 23 de marzo ao 29 de marzo

    ContidosDrupal permite crear diferentes tipos de contidos. Con carácter xeral, á hora de crear un contido haberá que especificar de xeito obrigatorio o título, que actuará como hipervínculo. Adicionalmente, en función do tipo de contido, haberá que cumprimentar outros campos de información (corpo, referencia a termos de taxonomía, ficheiros adxuntos...), que poden ser obrigatorios ou opcionais, segundo se establecera na propia definición do tipo de contido.

    Unha vez se almacena un contido en Drupal convírtese automaticamente nun "nodo" e recibe un número natural único de identificación na plataforma. A URL de acceso a calquera contido en Drupal será do tipo:

    centros.edu.xunta.gal/cursoXX/node/nº-identificación-do-nodo