3. Creación de contidos en Drupal 10
📋 3. CREACIÓN DE CONTIDOS EN DRUPAL 10
O novo modelo de web para centros educativos do proxecto Webs Dinámicas incorpora varios tipos de contido diferentes: destaques, artigos, páxinas básicas e eventos.
Segundo a súa configuración, cada un deles amosarase nunha zona diferente da páxina web:
- Destaques na zona de destaques.
- Artigos promocionados á páxina principal na zona de novas.
- Páxinas básicas promocionadas á páxina principal na zona de avisos.
- Eventos no calendario.
🎯 Obxectivo
Nesta tarefa analizaranse as posibilidades de publicación dos tipos de contidos Destaque, Artigo, Páxina básica e Evento.
Cada participante accederá ao Drupal do sitio asignado para:
- Crear un novo contido de tipo Destaque.
- Crear un novo contido de tipo Artigo.
- Crear un novo contido de tipo Evento.
- Crear un contido de tipo Páxina básica.
- Crear un contido con paragraphs tipo Lapelas.
📝 Instrucións para realizar a tarefa
👉 Copiar contido ao corpo de calquera contido
- É moi importante que non se copie directamente texto ou imaxes dentro do corpo dun contido porque leva código engadido que pode facer que non se vexa correctamente.
- A forma correcta é pasalo antes por unha aplicación de texto plano (mousepad, bloc de notas...) ou co botón dereito do rato dar a Pegar como texto sen formato (Crtl+ Mayús+V).
-
A) Creación dun contido de tipo Destaque na zona de Destaques
- A zona de destaques está constituída por un carrusel automático de imaxes que ocupan todo o ancho da pantalla. No centro de cada imaxe, incorpórase un título sobre un fondo semitransparente relativo á imaxe do carrusel.
- Só poden crear contidos de tipo destaque os usuarios do rol editor principal do sitio.
- Como usuario xestoreditor1, Xestionar > Contido > Agregar contido > Destaque. Será necesario cumprimentar a seguinte información:
- Título* (será o texto que aparecerá sobre o fondo semitransparente da imaxe do carrusel): Oferta educativa
- Imaxe (debe respectar obrigatoriamente as dimensións establecidas. No caso de non especificar ningunha o sistema engadirá unha por defecto): engadir a imaxe aula.png que podes descargar do cartafol de prácticas para realizar a tarefa 3.
- Corpo: (Contido completo do destaque, ao que se accederá ao premer sobre a imaxe ou o título do mesmo):
Cras nec mollis nunc, sit amet vulputate justo. Nam accumsan arcu in dolor rutrum dapibus. Aenean convallis, massa vitae semper tincidunt, ex nibh vehicula urna, ut faucibus odio tortor vel mauris. Maecenas ac metus quis purus eleifend ullamcorper ut eu tellus. Aenean ac ultrices mi. Proin euismod tincidunt arcu eleifend mattis. Phasellus pulvinar vel dui at dictum. Praesent neque libero, aliquet id ornare a, ornare et metus. Vestibulum vitae sem pellentesque, fringilla nisi et, sollicitudin eros. Cras tincidunt congue leo sit amet vulputate. Fusce a orci felis. Orci varius natoque penatibus et magnis dis parturient montes, nascetur ridiculus mus. Vivamus mattis tortor magna, ac laoreet nulla interdum eu. - Opcionalmente, de considerarse necesario, posibilidade de asociar o destaque a un termo de taxonomía. Neste caso non será necesario.
- Gardar e acceder á páxina principal do sitio para observar o resultado. O contido destaque creado amosarase na última posición no carrusel, xa que por defecto o comportamento é que o contido destaque más recente amósase en último lugar (ordenación ascendente por data de creación).
👉 Ordenación dos destaques na zona de destaques da páxina principal
- A ordenación dos destaques na páxina principal realízase por orde ascendente de creación, polo que os máis antigos amósanse en primeiro lugar.
- A reordenación dos destaques na páxina principal pode realizarse modificando a súa data de creación:
- Editar o contido Destaque a reordenar.
- Na columna dereita, Información do autor > Creado en, especificar unha data máis antiga para o destaque que se acaba de crear. Deste xeito, xogando coas datas de creación dos diferentes destaques, é posible cambiar a orde de presentación do carrusel.
-
B) Creación dun contido de tipo Artigo na zona de novas
- Un artigo é un tipo de contido que incorpora texto e unha imaxe de xeito obrigatorio. No caso de promocionar o artigo á páxina principal, amosarase automaticamente na zona de novas.
- Poden crear artigos os usuarios dos roles editor de contido e editor principal.
- Como usuario xestoreditor1, Xestionar > Contido > Agregar contido > Artigo. Será necesario cumprimentar a seguinte información:
- Título*: Comezo das clases
- Imaxe (debe respectar obrigatoriamente as dimensións establecidas. No caso de non especificar ningunha o sistema engadirá unha por defecto): engadir a imaxe Nova1.jpg que podes descargar do cartafol de prácticas para realizar a tarefa 3.
- Corpo: Contido completo do artigo, ao que se accederá ao premer sobre o título ou a imaxe:
Vivamus fermentum posuere turpis, sit amet euismod magna ullamcorper eget. Fusce finibus porta ornare. Cras arcu justo, consequat id diam sit amet, lobortis gravida nulla. Nam vel dignissim tellus, faucibus lobortis nunc. Nulla facilisi. Curabitur fringilla, augue et gravida fringilla, nulla orci malesuada nulla, sit amet maximus tortor erat a lorem. Etiam malesuada, est sed ultrices porta, tortor quam volutpat tellus, et rhoncus tellus elit vel mauris. Vestibulum lorem leo, faucibus non egestas sit amet, lobortis in elit.
- Opcións de promoción (columna dereita): Marcar Promocionado á páxina principal, para que se amose na zona de novas da páxina principal do sitio.
- Opcionalmente, de considerarse necesario, posibilidade de asociar o artigo a un termo de taxonomía. Neste caso non será necesario.
- Título*: Comezo das clases
- Acceder á páxina principal para observar o resultado: amosarase o título, a imaxe redimensionada e un texto limitado a un máximo de 200 caracteres do corpo. O contido artigo creado amosarase en primeira posición da zona de novas da páxina principal, xa que por defecto o comportamento é que o contido más recente amósase en primeiro lugar (ordenación descendente por data de creación).
👉 Ordenación dos artigos na zona de novas da páxina principal
- A ordenación dos artigos na páxina principal realízase por orde descendente de creación, polo que os máis recentes amósanse en primeiro lugar.
- Para reordenar as novas procederase de xeito idéntico ao explicado para os destaques, editando o contido artigo correspondente e especificando unha nova data de creación.
-
C) Creación dun contido de tipo Evento no calendario
- Un evento é un tipo de contido que xera de xeito automático unha entrada no calendario, que se pode visualizar a través do menú de navegación principal do sitio web.
- Poden crear eventos os usuarios dos roles editor de contido e editor principal. Existen 2 posibilidades de crear entradas (tipo de contido evento) no calendario:
- 1ª opción: Premendo no enlace Calendario do menú principal. Despregarase o calendario a páxina completa. Facendo doble click sobre o día correspondente poderase crear unha entrada no calendario.
- 2ª opción: directamente a través da ruta: Xestionar > Contido > Agregar contido > Evento.
- Como usuario editor1, por calquera dos métodos descritos no punto anterior, crear un evento coa seguinte información:
- Título: Exame de matemáticas
- Corpo: Temas 1, 2 e 3
- Data: 20/04/2026 12:00 a (to) 14:00
- Termo de taxonomía asociado: Matemáticas
- Título: Exame de matemáticas
- O evento creado amosarase ao premer no enlace calendario do menú de navegación principal (mes de abril).
- Ademais, ao estar asociado á taxonomía Departamentos > Matemáticas, comprobar que tamén se pode acceder ao contido a través do enlace do menú da navegación principal Departamentos > Matemáticas.
-
D) Creación dun contido de tipo Páxina básica
-
- Unha páxina básica é un tipo de contido similar ao artigo, coa diferencia de que neste caso non hai un campo imaxe obrigatorio. Ademais, no caso de promocionar a páxina básica á páxina principal, amosarase automaticamente na zona de avisos.
- Poden crear páxinas básicas os usuarios dos roles editor de contido e editor principal, pero só os editores principais poden crear avisos mediante a promoción á páxina principal.
- Como usuario xestoreditor1, Xestionar > Contido > Agregar contido > Páxina básica. Será necesario cumprimentar a seguinte información:
- Título*: Libros de texto.
- Corpo: Contido completo da páxina básica, ao que se accederá ao premer sobre o título na zona de avisos:
Pellentesque vulputate nulla a eros faucibus, id blandit odio maximus. Sed mollis ligula consequat hendrerit pellentesque. Sed sollicitudin eu diam vitae accumsan. Aliquam ut purus eu lacus dictum commodo ut sed dolor. Proin at laoreet est. Nullam mi tellus, porta id magna dapibus, ultricies sollicitudin massa. Pellentesque vitae vehicula lectus.
- No corpo, seguindo a documentación do seguinte enlace, engadir a continuación do texto anterior o arquivo media artist.mp3 que podes descargar do cartafol de prácticas para a tarefa 3.
- Opcións de promoción (columna dereita): Marcar Promocionado á páxina principal, para que se amose na zona de avisos da páxina principal do sitio.
- Taxonomía: Asociar o contido ao termo Libros de texto da taxonomía Secretaría.
- Acceder á páxina principal para observar o resultado. O contido páxina básica creado amosarase en primeira posición da zona de avisos da páxina principal. Amosarase o título e un recorte de texto cun máximo de 200 caracteres do corpo. Ademais, poderase acceder tamén ao contido a través do menú de navegación principal Secretaría > Libros de texto.
- Título*: Libros de texto.
👉 Ordenación das páxinas básicas promocionadas na zona de de avisos
- A ordenación das páxinas básicas na zona de avisos da páxina principal realízase por orde descendente de creación, polo que as máis recentes amósanse en primeiro lugar.
- Para reordenar os avisos procederase de xeito idéntico ao explicado para os artigos, editando o contido páxina básica correspondente e especificando unha nova data de creación.
-
E) Engadir/editar campo Paragraphs de tipo lapelas nun contido de tipo páxina básica
- Neste apartado editarase un contido de tipo páxina básica con información organizada en lapelas creadas con Paragraphs. O contido está dispoñible no menú de navegación O centro > Organigrama.
- Accede á URL do teu curso: https://centros.edu.xunta.gal/cursoXX/organigrama (XX corresponden ao curso asignado)
- Comproba como o contido está organizado en tres lapelas (Dirección, Profesorado e Consello Escolar). Nesta práctica editaranse as lapelas creadas e engadirase unha nova lapela: ANPA
- Editar:
- Título*: Organigrama (non modificar)
- Taxonomías: este contido non figura asociado a ningunha taxonomía (non modificar)
- Corpo: Baleiro. (Podería engadirse información no corpo, pero non é necesario nesta tarefa)
- Observar que non hai ficheiros adxuntos nin públicos nin privados (non modificar).
- Centrar a atención no campo Paragraphs:
- Fixarse que aparecen por defecto lapelas 3 (como se comentou con anterioridade, correspondentes a Dirección, Profesorado e Consello Escolar). Cada lapela corresponde a un Tab Section.
- Premer en Editar (botón fondo verde) na Tab Section Dirección
- Tab Body Section Simple > Editar (botón fondo laranxa): Substituír no corpo o texto "Engadir texto" por "Dirección do meu centro".
- Premer nos 3 puntos da última Tab Section (Consello escolar) e escoller Duplicar. Crearase unha copia exacta que deberemos editar:
- Tab name Section*: ANPA
- Tab Body Section*: Editar para cambiar o corpo do texto por ANPA do meu centro.
- Gardar
- Observar a lapela creada na URL: https://centros.edu.xunta.gal/cursoXX/organigrama
👉 Información adicional sobre lapelas creadas con Paragraphs:
- As lapelas de tipo Paragraphs poden reordenarse de xeito sinxelo mediante simple arrastre á nova posición.
- No caso de crear un contido cun paragraph tipo lapela desde cero, é conveniente axustar a visualización tal e como se indica na documentación: https://centros.edu.xunta.gal/websdinamicas/aulavirtual/mod/page/view.php?id=5044
👉 Engadir/editar Paragraphs de tipo Acordeón
- Aínda que non se esixe para a superación da tarefa, neste punto podes probar a editar o contido https://centros.edu.xunta.gal/cursoXX/documentosdocentro, que incorpora un campo Paragraphs de tipo acordeón en lugar de lapelas. A forma de traballar é exactamente a mesma que no caso das lapelas.
- Lembra prantexar calquera dúbida a través do foro da tarefa.
📊 Criterios de avaliación
| Apartado A) | 20% |
| Apartado B) | 20% |
| Apartado C) | 20% |
| Apartado D) | 20% |
| Apartado E) | 20% |
📂 Envío da tarefa
- Resposta a esta tarefa cun enlace á URL da páxina principal do teu sitio de prácticas.