A oferta de recursos tecnolóxicos para mellorar a accesibilidade dos textos escritos é limitada, e moitas aplicacións desaparecen por falta de financiamento. Aínda así, existen opcións gratuítas e útiles:
- Lectura fácil: ATECA. Desenvolvida polo CEACOG, esta aplicación utiliza intelixencia artificial para adaptar textos á lectura fácil seguindo a norma UNE 153101:2018 EX, detectando elementos problemáticos e suxerindo melloras. (Ligazón)
- Lectores en voz alta e outras melloras de accesibilidade. Programas de conversión de texto a voz e ferramentas que permiten resaltar sílabas, modificar tamaño, espazado ou cor do texto, e engadir glosas visuais, adaptándose ás necesidades do alumnado.
- Inclusión de pictogramas: ARASAAC. Ofrece aplicacións en liña para crear frases acompañadas de pictogramas que facilitan a comprensión do texto. (Ligazón)