Saltar navegación

1. Avaliación de predictores da lectura

No curso 1 deste itinerario presentabamos tres grupos de preditores da competencia lectora: 

  • o desenvolvemento da linguaxe oral (vocabulario e habilidades gramaticais);
  • as habilidades fonolóxicas (conciencia fonolóxica e velocidade de denominación);
  • os coñecementos sobre a linguaxe escrita (coñecementos sobre o texto impreso e sobre as letras).

O nivel acadado polo alumnado nestes ámbitos antes da aprendizaxe formal da lectoescritura está directamente relacionado coa descodificación, a fluidez e a comprensión lectora, polo que estes preditores permiten detectar de maneira temperá posibles dificultades lectoras.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)