A mellora dos textos académicos constitúe unha estratexia clave para facilitar a aprendizaxe. Neste ámbito destacan dous métodos baseados en concepcións diferentes da comprensión lectora: un orientado a reducir a carga inferencial e outro dirixido a promover a elaboración activa do lector.
a) Método de superposición argumental
O obxectivo deste método é reducir a necesidade de inferencias e facilitar a comprensión literal do texto, repetindo termos clave, aclarando referencias ambiguas ou explicitando relacións causais ou temporais.
Para iso identifícanse os puntos do texto onde non existe conexión explícita entre frases ou ideas, e engádense elementos que reforcen a coherencia local.
O procedemento para facelo consiste en repetir termos clave, aclarar referencias ambiguas e explicitar relacións causais ou temporais que, no texto orixinal, están implícitas.

Este método resulta especialmente útil para alumnado con dificultades lectoras ou con escasa activación de coñecementos previos.
b) Método de construción causal
O obxectivo deste método é promover unha comprensión máis profunda e significativa, integrando a información nova cos coñecementos previos e favorecendo aprendizaxes máis duradeiras.
Para iso se introducen elementos no texto que funcionan como disparadores de inferencias causais.
