As habilidades fonolóxicas constitúen un conxunto de mecanismos básicos para o procesamento da fala e son determinantes na aprendizaxe inicial da lectura. Inclúen:
- a memoria fonolóxica (lembrar información oral)
- a conciencia léxica (distinguir e facer operacións coas palabras)
- a conciencia fonolóxica (distinguir e facer operacións cos sons que forman as palabras)
- a velocidade de denominación (nomeado rápido de elementos moi familiares)
- a fluidez fonolóxica (evocación de palabras que teñan unha característica fonolóxica, como comezar co son /f/).
Entre todas elas, destacan especialmente a conciencia fonolóxica e a velocidade de denominación pola súa estreita relación co desenvolvemento lector temperán.
