Ligazón ao sitio web histórico do IES do Castro
Coa inauguración desta nova páxina web, o sitio histórico do centro queda clausurado con toda a honra que merece polo seu grande servizo. Permaneceu aberto dende outubro de 2007 até xuño de 2026.
Son vinte anos de historia, lembranzas e o día a día do centro que permitiu a comunicación entre os diferentes estamentos do mesmo. O IES do Castro foi pioneiro tamén nisto.
Nel atópanse noticias, parabéns, fotos, reportaxes, despedidas, celebración e a vida semanal dun instituto vivo e vibrante. Sería unha mágoa que deixase de estar on-line.
Moitas grazas a todos/as os/as que contribuíron a facelo grande e vehículo de constatación dunha vida interior e exterior do instituto que forma parte da experiencia de moito alumnado, profesorado, persoal e familias do xa IES do Castro de máis de tres décadas de existencia.
Alberte Zato
