IES do Castro · Bacharelato Internacional
Preguntas frecuentes
Admisión e matrícula no Programa do Diploma IB
✓ Documento informativo e orientador. Para máis información: ies.docastro@edu.xunta.gal
Documento de carácter informativo e orientador.
IES do Castro · Bacharelato Internacional
Preguntas frecuentes
Admisión e matrícula no Programa do Diploma IB
✓ Documento informativo e orientador. Para máis información: ies.docastro@edu.xunta.gal
▶ P1. Cantas prazas hai para o Bacharelato Internacional?
Hai 1 grupo de 25 prazas, das cales 4 están reservadas para fillos/as de funcionarios/as da Oficina de Pesca da UE con sede en Vigo.
▶ P2. Hai que solicitar tamén o Bacharelato ordinario?
O alumnado do IES do Castro que cursa o IB fai os dous bacharelatos á vez (Internacional e LOMLOE), polo que coa solicitude de BI é suficiente. Con todo, é necesario ter praza asegurada nun bacharelato ordinario por se non se obtén admisión no IB.
▶ P3. Hai que presentar documentación diferente para 1º BI e 1º Bach LOMLOE no mesmo centro?
Si. Son dous procesos completamente separados con documentación diferente. Se algunha documentación coincide en ambos os procesos, hai que presentala por duplicado.
▶ P4. Cal é o custo da matrícula?
A matrícula está financiada pola Consellería de Educación e pola Oficina de Pesca da UE, polo que o alumnado cursa o Programa do Diploma de Bacharelato Internacional de forma totalmente gratuíta.
▶ P5. Que pasa se non se teñen notas da 3ª avaliación de 4º ESO?
Isto pode ocorrer con centros do exterior. Nese caso, hai que presentar as notas dispoñibles e serán valoradas da forma máis favorable para o alumno/a, mantendo sempre a equidade na valoración das solicitudes.
▶ P6. Como se convalidan notas de sistemas educativos estranxeiros?
As notas conviértense ao sistema español mediante o procedemento establecido no BOE para calquera sistema educativo exterior (Resolución do 23 de marzo de 2018). Non é necesario achegar as notas traducidas ao castelán.
▶ P7. O Bacharelato Internacional impártese en inglés?
Non, impártese en castelán, un dos idiomas oficiais do IB. Non obstante, impártense en inglés Música e Educación Plástica e Visual en 2º e 3º de ESO, para dar cumprimento ao requisito das seccións bilingües que ofrece o IES do Castro. Non é necesario acreditar ningún nivel de inglés para ser admitido/a.
▶ P8. Que documentación hai que presentar para a admisión en 1º BI?
Para participar no proceso de admisión hai que entregar:
· Instancia de solicitude de admisión.
· Boletín de notas de 1º, 2º, 3º de ESO e das 2 primeiras avaliacións de 4º de ESO.
· Fotocopia do DNI do alumno/a.
· Carta de motivación manuscrita (máximo 450 palabras).
· Declaración xurada de permanencia.
▶ P9. En que consiste a carta de motivación?
Debe estar escrita a man e ter un máximo de 450 palabras. Debe responder a estas preguntas:
· Que che atrae do IB? Que cres que che pode achegar?
· Como te definirías?
· Que talentos e paixóns che distinguen?
▶ P10. Como se accede á universidade co título de Bacharelato Internacional?
O alumnado que obteña o Diploma a principios de xullo pode acceder á universidade española sen necesidade de facer a ABAU, mediante un proceso de acreditación tramitado a través da UNED. Con todo, recoméndase presentarse á ABAU para ampliar as opcións de acceso á carreira desexada.
Creatividade, Actividade e Servizo (CAS) é un dos tres elementos troncais do Programa do Diploma, xunto coa Monografía e a Teoría do Coñecemento. Cursa durante os dous anos e implica actividades creativas, físicas e de servizo á comunidade. Non se avalía formalmente: o alumnado debe reflexionar sobre as súas experiencias e demostrar que alcanzou os sete resultados de aprendizaxe previstos polo Programa.
Documento de carácter informativo e orientador.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
