O acceso require unha nota media igual ou superior a 7,50 puntos, As solicitudes preséntanse do 1 ao 15 de xuño. Preme para obter detalles
Criterios de admisión
1º
Alumnado do IES do Castro (4º ESO)
Obteñen praza directamente os alumnos/as que cursen 4º ESO no IES do Castro e acaden unha nota media ≥ 7,50, calculada como a media das notas finais de 1º, 2º e 3º ESO e das dúas primeiras avaliacións de 4º ESO (excluíndo Relixión ou a súa alternativa).
2º
Alumnado doutros centros
Mesmos criterios de nota media (≥ 7,50), coa condición adicional de que a entrevista persoal sexa favorable.
Lista de espera
A lista de espera formúlase conxuntamente con alumnado do IES do Castro e doutros centros. Para acceder a ela é necesario ter máis de 7,00 de nota media (finais de 3º ESO + dúas primeiras avaliacións de 4º ESO, excluíndo Relixión). A ordenación faise pola nota media; en caso de empate, valórase a entrevista persoal.
Como se calcula a nota media
Inclúense as notas finais de 1º, 2º e 3º ESO e as medias das dúas primeiras avaliacións de 4º ESO, excluíndo en todos os cursos a nota de Relixión ou a súa alternativa.
Prazo e documentación
ies.docastro@edu.xunta.gal
Unha vez formado o grupo de alumnado BI, realizarase unha reunión grupal de acollida coa coordinación do programa.
