Plantilla de probas de cores
Modelo para estandarizar o deseño das entradas web
Este documento é unha paleta de probas destinada a comprobar a coherencia visual das futuras entradas da páxina web do instituto. O obxectivo é establecer un sistema de cores accesible, con bo contraste e válido para todo tipo de usuarios, incluíndo persoas con diferentes tipos de ceguera de cor.
Cor principal institucional
A cor azul (#007bc4) emprégase na cabeceira, títulos principais e elementos estruturais destacados.
Laranxa institucional (#b35a00)
Utilízase para eventos, datas importantes e información relevante que require atención moderada.
Verde institucional (#1b7f3b)
Emprégase para logros do alumnado, resultados positivos ou información de carácter satisfactorio.
Violeta académico (#5a3ea1)
Esta cor está pensada para diferenciar departamentos, innovación educativa ou contidos académicos específicos.
Vermello de alerta (#b00020)
Reservado exclusivamente para avisos importantes, cancelacións ou comunicacións urxentes.
