Neste último bloque temos dúas partes.
Para a primeira parte aprenderemos que é un suceso, serán os elementos cos que traballaremos. Importante manexar ben a linguaxe e identificar ben cando temos unha condición xa que a probabilidade condicionada será un dos elementos clave desta parte.
A continuación falaremos de distribucións de probabilidade máis habituais, a binomial e a normal. Aprender sobre distribucións de probabilidade permite ampliar moito a capacidade que ten o análise estatístico.