mitoloxía no léxico

Conocimiento previo

  1. Seguro que algunha vez deixástevos levar polo pánico. Sabedes que figura mitolóxica se agocha baixo esta expresión?
  2. Sempre nos están dicindo que hai que coller o touro polos cornos. Pero, coñecedes a alguén que o fixera de verdade?
  3. Ter vista de lince está moi ben para copiar nos exames. Estades seguros de que o lince ve tan ben como din?
  4. Coñecedes a algunha Penélope que non sexa a famosa actriz de cine?
  5. As mazás están moi boas, pero hai moito tempo unha causou bastantes problemas. Sabedes a que historia me refiro?

     Se soubéstedes responder estas preguntas, noraboa!! Se vos interesa seguir aprendendo expresións e relatos mitolóxicos, non vos despistedes e permanecede atentos ás vosas pantallas.