actividades
Que heroe tivo que enfrontarse ao touro de Creta?
Eneas
Ulises
Heracles
Procrustes era un bandido que mutilaba as súas vítimas. Como o facía?
Colgábaas do teito e cortáballes as extremidades
Tendíaas nun leito de bronce e cortáballes as extremidades
Tendíaas nun leito de ferro e cortáballes as extremidades despois de axustalas ao tamaño do leito
Que lle regalou o centauro Neso a Deianira cando estaba a piques de morrer?
Unha túnica manchada co seu sangue
Un pouco de sangue co que preservaría o amor da súa parella
Unha frecha manchada de sangue coa que mataría a quen ousase robarlle o amor de Heracles
Cando ría ferozmente o xigante Talos?
Mentres abrazaba aos estranxeiros que chegaban a Atenas
Mentres abrazaba ao rei Minos
Mentres abrazaba aos sardos
Que aspecto tiñan as Harpías?
Rostro de ave e corpo de muller
Rostro de muller, ás e corpo de ave de rapiña
Rostro de muller e corpo de peixe
A quen venceu o heroe Belerofonte?
ás Sereas
ás Harpías
á Quimera
Por que cometeu Medea o terrible crime de matar aos seus fillos?
Porque xa non estaba namorada de Xasón e non quería ter ningún vínculo con el
Porque o oráculo lle advertira que era a única forma de conservar o amor do seu marido
Porque Xasón a abandoara pola princesa Creusa e quixo castigalo da maneira máis terrible
Sísifo vivía no Inferno condenado a un terrible castigo:
Subir unha rocha ata o cumio dunha montaña e volver a baixala polo outro lado, e así eternamente
Subir unha rocha ata o cumio dunha montaña, esta volvía a caer cando chegaba arriba, subíaa de novo e voltaba a caer, e así eternamente.
Un voitre devoráballe o fígado polo día e pola noite volvíalle crecer
Se os teus amigos che din que a túa noiva é unha harpía e teñen razón:
Será mellor que a deixes, non chegarás a bo porto con ela
Estás de acordo con eles, é encantadora e moi simpática
Un pouco vaga e preguizosa é, pero non vas a deixala por eso
Se ao chegar a casa a túa nai che di con risa sardónica que o teu pai quere falar contigo...
Podes empezar a suar, nada bo pode saír de aquí
Alégraste, por fin o teu pai vai recoñecer os teus méritos
Por fin confían en ti e o teu pai vaiche propoñer un negocio interesante
Se o teu xefe che di que o proxecto que presentaches é unha quimera quere dicir:
Que é difícil darlle saída porque precisariades de moitos cartos
Que pensa que é unha boa idea e incluso che propón ser o teu socio
Pensa que é so un soño sen a máis mínima posibilidade de saír adiante
Le o párrafo que aparece abaixo e completa as palabras que faltan:
Se un día tes un problema importante o mellor será que collas o .
A dor pola morte dun fillo é indescritible. Durante moito tempo será a nosa particular .
Mentres o profesor me estaba dando o resultado do exame mirábame e ría con sardónica .
Non quero saír máis coas túas amigas, son malas e argallantes, unhas verdadeiras .
Pensei que con esa idea solucionariamos todos os problemas da empresa, pero non foi máis que unha .
Este exame tráeme polo camiño da amargura, non paro de estudar e, cando creo que o sei todo, non son capaz de recordar nada e outra vez a empezar, é unha auténtica .
O outro día saíu na tele a nova de que unha nai matara aos seus fillos. A nosa profesora explicounos que probablemente sufriría o .