actividades
Na antigüidade moita xente acudía ao famoso oráculo de Apolo, considerado o centro do mundo e que se atopaba en:
Tebas
Delfos
Atenas
Nas vodas de Tetis e Peleo a deusa Discordia tirou unha mazá ao chan. Que inscrición tiña?
"Para a máis elegante"
"Para a máis poderosa"
"Para a máis fermosa"
Que significa que un tratamento médico sexa considerado a panacea?
Que será accesible a todos os petos
Que será a solución definitiva dunha enfermidade
Que haberá que seguir unha dieta rica en pans brancos
Como se apañaba Xúpiter para que todas as mozas e deusas caeran rendidas aos seus pés?
Ao fin e ao cabo era un deus, era normal que esto pasase
Prometíalles amor eterno e incluso levalas a vivir ao Olimpo cos deuses
Disfrazábase constantemente para seducilas, agora un touro, logo un cisne, tiña todo tipo de argucias
Que significa ser un bo anfitrión?
Comportarse correctamente cando te invitan a comer a unha casa allea (levar o viño, unhas flores para a dona da casa, esas cousas...)
Recibir con xenerosidade invitados na túa casa e procurar que se sintan o máis cómodos posible
É o que se encarga de levar a música e entreter aos invitados nunha festa
Se vos digo que Manolito crese saído do muslo de Xúpiter, vós entendedes que:
É un auténtico egocéntrico que pensa que non estades a súa altura
Que sempre está a comer muslos de polo de moi boa calidade
Que a súa familia é moi grande e pode rastrexar a súa arbore xenealóxica polo menos uns séculos atrás
Cando Xea agachou a Xúpiter na illa de Creta, este foi criado e alimentado por Amaltea, pero, quen era Amaltea?
Unha loba
Unha deusa dos bosques
Unha cabra
Quen é o deus cuxo nome significa "nado dúas veces"?
Apolo
Dioniso
Xúpiter
Que tres deusas se disputaron a mazá que Discordia chimpou no chan?
Afrodita, Venus e Atenea
Afrodita, Atenea e Hera
Afrodita, Hera e Tetis
Por que Sémele morreu queimada polos raios de Xúpiter?
Porque Xúpiter lle prometera que si o facía volveríase inmortal
Porque Hera malmeteu e sembrou nela a desconfianza cara Xúpiter
Porque era moi atrevida e quería experimentar o que sentían as deusas cando mantiñan relacións con Xúpiter
Le o párrafo que aparece abaixo e completa as palabras que faltan:
Os nenos de hoxe crense o . Todo ten que xirar ao redor deles. Un día comenteille a unha amiga que os seus fillos eran moi maleducados e enfadouse un montón. Dende aquela é como se tivera sembrado a , xa non quere quedar máis con nós. Tampouco é que me importe moito, era un pouco raríña e ás veces mirábanos por enriba do ombreiro. O meu home di dela que se cre . Eso si, cando viñan cear a nosa casa comportábase sempre como o perfecto , diso non me podo queixar. Ao que ía, terían que inventar algo para que os nenos estiveran tranquilos e deixasen aos maiores facer as cousas tranquilos, uns dispositivos que os apagasen de cando en vez, creo que eso sería a .