lenda de Troia
EXPRESIÓNS RELACIONADAS COA LENDA DE TROIA
-
ter unha voz estentórea, ir de Escila a Caribde, tecer a tea de Penélope, escoitar cantos de sereas, síndrome de Casandra

“TER UNHA VOZ ESTENTÓREA”
GALEGO: “ter unha voz estentórea”.
SIGNIFICADO ACTUAL: utilízase esta expresión para facer referencia a unha persoa que fala cun volume de voz moi elevado. Voz retumbante, potente, ruidosa e adecuada para pronunciar discursos a grandes multitudes.
ORIXE: remóntase ao heraldo da Ilíada Esténtor, que segundo Homero tiña unha voz igual á de cincuenta homes xuntos.
“IR DE ESCILA A CARIBDE”
GALEGO: “ir de Escila a Caribde”.
SIGNIFICADO ACTUAL: expresión que significa saír dun perigo para meterse noutro peor. Pode ser sinónimo de “dilema”.
ORIXE: Escila e Caribde son dous perigosos escollos mariños convertidos en monstros pola mitoloxía grega que aparecen na Odisea de Homero. Estos monstros estaban situados en lados opostos da costa de Italia e supuxeron para Ulises e os seus compañeiros superar un perigo para meterse noutro peor.
Odiseo ante Escila e Caribde. Johann Heinrich Füsli.
“TECER A TEA DE PENÉLOPE”
GALEGO: “tecer a tea de Penélope”.
SIGNIFICADO ACTUAL: facer algo inútil e que nunca remata.
ORIXE: mentres Ulises non regresaba da guerra de Troia, Penélope entretiña aos pretendentes ao trono de Ítaca prometéndolles que elixiría a un deles cando rematase unha tea que estaba tecendo. Non obstante, a tea nunca remataba pois Penélope desfacíaa pola noite.

Penélope e os pretendentes. John William Waterhouse.
“ESCOITAR CANTOS DE SEREAS”
GALEGO: “escoitar cantos de sereas”.
SIGNIFICADO ACTUAL: escoitar algo que atrae irremediablemente aínda que é potencialmente dañino e perigoso.
ORIXE: na mitoloxía clásica as Sereas atraían cos seus cantos aos mariñeiros, facéndolles perder o control dos seus barcos. O único que puido escoitalas e se salvou foi Ulises, que grazas ao seu enxeño atouse ao mastro do navío.
![]()
Ulises e as sereas. Herbert James Draper.
“SÍNDROME DE CASANDRA”
GALEGO: “a síndrome de Casandra”.
SIGNIFICADO ACTUAL: úsase cando advertencias, recomendacións ou predicións válidas son desbotadas ou non tomadas en conta.
ORIXE: Casandra era filla de Príamo, rei de Troia. Apolo estaba namorado dela, pero Casandra rexeitouno e o seu castigo foi ter o don da adiviñación e non poder ser crida por ninguén.
![]()
Áiax disponse a arrastrar a Casandra agarrada á estatua de Atenea. Copa ática de figuras vermellas. 440-430 a.C.