caderno
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
1. Indica que significado teñen nestas frases estas expresións de orixe mitolóxica:
- A noiva de Pepe tivo un ataque de ciumes e púxose como unha harpía
- A túa tese parece a tea de Penélope.
- María abriu a caixa de Pandora e dende aquela todo cambiou na oficina.
- Lucas promete moito, mais paréceme a min que todo son cantos de sereas.
- Cando temos que decidir algo Ana sempre é a mazá da discordia.
2. Indique avec quel dieu ou personnage mythologique se relient ces expressions:
- Avoir une voix de Stentor.
- Être una panacée.
- Avoir yeux de lynx.
- Être le parfait amphitryon.
- Toucher le Pactole.
- Être une chimère.
3. Completa estas frases cunha destas expresións de orixe mitolóxica:
Crerse saído do muslo de Xúpiter; presa do pánico; coller o toro polos cornos; ir de Escila a Caribde; traballo de Sísifo.
- Estou collendo auga cun caldeiro furado. Esto máis ben parece o …………………………..
- Que petulante é Xoanito. Con eso de que a súa familia é rica el crese ………………………..
- Fun pola noite á festa e cando volvín escoitei uns ruídos. Fuxin …………………..
- Non podes estar sempre deixando os problemas para máis adiante. Tes que …………………………………
- O meu fillo é tremendo. Non sae dunha e xa está noutra. Parece que sempre vai …………………
4. Est-ce que tu peux recconnaître les histoires mythologiques qui sont derrière ces images?
![]()
![]()
5. Contesta verdadeiro ou falso:
- Penélope agardaba por Eneas facendo unha tea que desfacía pola noite. ____
- O bandido Procrustes mutilaba as súas vítimas despois de tendelas nun leito de ferro.____
- Medea matou aos seus fillos porque xa non estaba namorada de Xasón e quería facelo rabiar._____
- A cabra Amaltea alimentou a Xúpiter mentres estaba agachado na illa de Lesbos._____
- O santuario de Apolo en Delfos era considerado o embigo do mundo e ata alí acudía xente de todas partes para consultar o oráculo._____
- Pandora foi a primeira muller, mandada modelar por Xúpiter para facerlles un agasallo aos homes._____
- Dioniso naceu do muslo de Xúpiter despois de que a súa nai Sémele morrese por imprudente._____
6. Que significan estas expresións? Elixe a resposta correcta:
Síndrome de Casandra
a) Falar moito.
b) Predicir o que vai pasar con moita antelación.
c) Non ser crida a pesar de ter razón.
Corno da abundancia
a) Que o teu noivo che pon de seguido os cornos.
b) Disfrutar dunha situación de prosperidade.
c) Ter cornos en abundancia, como o cervo.
Risa sardónica
a) Unha risa maliciosa.
b) Unha risa imposible de conter.
c) Unha risa franca e amistosa.
Estar en brazos de Morfeo
a) Abrazar a Morfeo, o teu novo noivo.
b) Estar bébedo.
c) Estar profundamente durmido.
Ter unha voz estentórea
a) Falar moi baixiño.
b) Ter unha voz profunda e moi resoante.
c) Gravar unha voz en estéreo.
Actividad de lectura
"Abrasado de pasión / por Alcmena el rey divino,
no duda en mudar de aspecto / y adquiere el de su marido;
feroz combate éste, mientras / libra contra el enemigo.
Imita Mercurio al padre / y con Sosia hace lo mismo.
Tornan a casa amo y siervo / con burlas mil son heridos.
Reprocha Anfitrión a Alcmena / amores adulterinos.
Incapaz de discernir / quien es el dios del Olimpo
o quien es mortal, el juez / fracasa en su cometido.
Nada en fin queda en secreto, / y Alcmena pare dos hijos".
(Argumentum de Anfitrión. Jaime Velázquez, trad. Vicens Vives, Clásicos Universales.)
Contesta as seguintes preguntas:
1. A quen se está a referir Eurípides con o rei divino?
2. Identifica os personaxes que saen neste fragmento e di que papel teñen na historia.
3. Que expresión coñeces relacionada con esta historia? Explícaa e fai unha frase con ela.
4. Alcmena pare dous fillos, sabes quen son e se algún deles será famoso uns anos máis tarde?
Actividad de lectura
"Conta a lenda que nun lugar do santuario había un oco. Acercouse ata alí un pastor e de súpeto púxose a profetizar o futuro. Dende entón utilizouse ese lugar con este fin, e instalouse unha muller como profetisa. Os habitantes da rexión fabricaron un aparato con tres puntos de apoio para poder entrar en transo con toda seguridade: o trípode.
DIODORO DE SICILIA, XVI, 2.
![]()
Exeo consultando o oráculo
A partires do texto e da imaxe e axudándonos co visto na clase, imos tratar o tema dos oráculos. Responde as seguintes preguntas:
1. Que é un oráculo?
2. Cal é un dos máis famosos e concorridos oráculos de Grecia?
3. Quen era a serpe Pitón e quen a matou?
4. Como se cre que a pitonisa entraba en transo e que pasaba mentres estaba nese estado?
5. Como eran as respostas dos oráculos?
6. Describe o que ves na imaxe, tendo en conta que neste caso non é a Sibila quen di o oráculo, senón a deusa Temis.