Prazos de matrícula curso 2026-2027
O alumnado que queira matricularse nalgún dos idiomas que oferta a EOI de Lugo ten varios prazos para formalizar a súa matricula dependendo de si se matricula por primeira vez ou continua os seus estudos. Os prazos veñen determinados pola Consellería de Educación. (Ligazón á orde de matrícula)
Importante: Antes de facer o pagamento das taxas, consulte a oferta de grupos do curso 2026-2027
Prazos de matrícula para o alumnado oficial da EOI de Lugo matriculado no curso 2025-26 que non presentou renuncia e continúa estudos na modalidade oficial na EOI de Lugo no mesmo idioma. | |||
|---|---|---|---|
| Alumnado de todos os idiomas APTO na CONVOCATORIA ORDINARIA | 08 xuño - 19 xuño | ||
| Alumnado de todos os idiomas APTO/NON APTO/NON PRESENTADO na CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA | 26 xuño - 06 xullo | ||
Prazos de matrícula para alumnado de novo acceso ao centro, acceso por traslado, acceso por proba de clasificación, acceso tras aprobar por libre, antigo alumnado sin matrícula no curso 2025-26, alumnado con renuncia ao curso 25-26 * | ||||
|---|---|---|---|---|
| 1º paso: fase de preinscrición | Todos os idiomas e niveis (máximo dous idiomas) | 15 xuño- 06 xullo (23.59h) | ||
| Sorteo do número de corte | Acto público, ás 9.00 horas, na EOI de Coruña | 08 xullo | ||
| 2º paso: fase de formalización da matrícula | A partir do dia 9 de xullo, consulta se estás admitido/a no sorteo nesta ligazón. De ser así, formaliza a túa matrícula. | 09 xullo - 20 xullo (23.59h) | ||
Matrícula CON preinscrición. Procedemento↩ | ||||
Prazos de matrícula en período de VACANTES | ||
|---|---|---|
| Para alumnado preinscrito que non foi admitido no sorteo + alumnado que non participou no proceso de preinscrición + alumnado que non se matriculase nos anteriores prazos previstos | ||
(pendente de publicación) | ||
Preme nas seguintes ligazóns para informarte sobre
- Documentación para a matrícula oficial ↩
- Como pagar as taxas da matrícula oficial ↩
- Consulta os horarios do curso actual ↩
- As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade da documentación que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado que presente os documentos orixinais para cotexar as copias electrónicas da documentación que presente.
- A documentación só se pode presentar de xeito telemático. Desde o centro comunicaráselle a cada alumno por correo electrónico o estado da matrícula.
- Importante: Debe saber que a posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique
![]() |
![]() |










