Sobre o acceso á escola
Cando podo iniciar os estudos na EOI e en que idioma/s?
A partir dos 14 anos (cumpridos no ano natural), nun idioma distinto ao que curso como primeira lingua na ESO.
A partir dos 16 anos (cumpridos no ano natural), calquera persoa en calquera idioma.
Se xa teño coñecementos do idioma no que me quero matricular, como accedo aos estudos da EOI?
Por proba de clasificación: se tén coñecementos do idioma, debe presentarse á proba de clasificación. O prazo de inscrición para as probas de clasificación estará publicado con anterioridade á data da proba. Con esta proba poderá acceder a calquera dos niveis segundo os teus coñecementos.
Por acceso directo: se tén algunha titulación, pode consultar a táboa de validacións para acceder a cursos superiores dun idioma.
Como se pode acceder a un curso distinto do primeiro:
- Ter acreditado un nivel de EOI.
- Pasarelas entre plans de estudos: Para estudos cursados segundo o Decreto de 2007, consultar na seguinte ligazón.
- A primeira lingua estranxeira cursada e aprobada na ESO ou até 2 BUP: accede ao nivel A2
- A primeira lingua estranxeira cursada e aprobada no Bacharelato ou até COU: accede ao nivel B1
- Con certificados CELGA:
-Celga 1 accede a Intermedio B1
-Celga 2 accede a Intermedio B2
-Celga 3 accede a Avanzado C1
-Celga 4 accede a Avanzado C2 - Por acceso directo, con certificacións doutras institucións (segundo a Orde do 21 de xuño de 2016)
Reasignación de nivel: por proposta xustificada do profesorado (non a petición do alumnado), unha vez feita a avaliación incial. Para alumnado de novo acceso que non fixera a proba de clasificación e non teña superado o nivel ao que se podería reasignar noutra EOI. Sen taxas adicionais.
![]() |
![]() |










