Que é a escola de idiomas? Oferta educativa
Que idiomas podo estudar na EOI de Lugo? Na EOI de Lugo pódese estudar alemán, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués.
Que niveis? Na EOI pódense estudar os idiomas ofertados dende o nivel máis básico (A1) ata o nivel máis avanzado (C2). Máis información.
Porén, non todos os idiomas ofertan todos os niveis. Consulte aquí a oferta de grupos do ano académico en curso.
Que é unha sección? As seccións das escolas oficiais de idiomas son extensións destas localizadas en instalacións fóra das propias escolas, na mesma ou en distinta localidade. Nestas seccións poderanse impartir todas as ensinanzas das escolas oficiais de idiomas.
Hai algunha sección en Lugo? Si, en Sarria. As clases impártense nas instalacións do IES Gregorio Fernández de Sarria.
Que idiomas e niveis podo estudar na sección de Sarria? Inglés A1, A2, B1, B2, C1.1.
Que modalidades de ensino hai na escola de Lugo? Oficial presencial e semipresencial, libre, a distancia, monográficos, preparación para CELGA, LAG e outros.
Ensino oficial presencial e oficial semipresencial | Ensino Libre | Ensino a distancia |
É a modalidade de ensino que me permite vir á clase aos cursos ordinarios. Oficial Presencial (catro horas semanais na escola repartidas en dous días) Oficial Semipresencial (catro horas semanais repartidas do seguinte xeito: dúas horas de traballo na casa e dúas horas de asistencia á escola). | É a modalidade de ensino que me dá dereito a facer as probas de certificación. Nesta modalidade non hai docencia, o alumnado prepárase pola súa conta. Nesta modalidade o alumnado ten dereito a unha convocatoria de exame e pode matricularse en calquera dos niveis sen ter que certificar como superado o nivel anterior. | O ensino a distancia só está dispoñible para inglés a través do programa That's English!. |
Ademáis a EOI de Lugo tamén oferta:
- Monográficos (obradoiros de expresión e comprensión oral: B1,B2 e C1)
- Preparación para cursos CELGA (Galego)
- Cursos de Linguaxe administrativa (Galego)
- Curso para o profesorado (en colaboración co CFR)
Máis información sobre as distintas modalidades de estudo
Cantos idiomas podo estudar no mesmo curso? Máximo 3. Verifica antes do pagamento das taxas que os horarios non coincidan.
Que son as probas de certificación? Son os exames de fin de nivel. Hai tres niveis: certificación de básico (nivel A2 do MECRL), certificación de intermedio (nivel B1 e B2 do MECRL) e certificación de avanzado (nivel C1 e C2 do MECRL).
Que validez teñen os certificados das EOI? Os certificados das EOI acreditan a competencia lingüística nos diferentes niveis do MECRL, habilitan a diplomados e licenciados para o ensino de idiomas, son recoñecidos como méritos en oposicións e concursos da administración pública e valídanse por créditos de libre configuración en universidades.
Que é o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL)? En que me afecta? O MCERL é un documento marco publicado polo Consello de Europa en 2001 que pretende establecer unha descripción dos niveis de competencia nunha lingua estranxeira que sirva de referencia para toda Europa. Desde a súa publicación, o MCERL converteuse na referencia indiscutible na aprendizaxe e ensino de linguas estranxeiras incluso fóra do ámbito europeo, e a maioría das institucións que certifican a competencia en linguas -como as escolas oficias de idiomas- refiren as súas titulacións a este documento.
Máis información sobre o MCERL
![]() |
![]() |










