Quen somos
A Escola Oficial de Idiomas de Lugo na súa extensión de Sarria é un centro docente público que imparte as ensinanzas de idiomas de réxime especial establecidas no artigo 59 da Lei Orgánica 3/2020 de 29 de decembro, de educación (LOMLOE). A organización e funcionamento das extensións recóllese no Regulamento Orgánico das Escolas Oficiais de Idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia que establece o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, desenvolvido pola Orde do 5 de agosto de 2011.
O idioma que se oferta nesta extensión é o inglés. Pódese consultar a oferta de grupos nesta ligazón. Todas as aulas impártense nas instalacións do IES Gregorio Fernández de Sarria en horario de tarde.
- Contacto: eoi.lugo.sarria@edu.xunta.gal
- Teléfono do IES Gregorio Fernández: 982 87 07 90
- Teléfono da EOI de Lugo: 982 82 92 30
A EOI de Lugo, xunto coas demais escolas oficiais de idiomas galegas, pertence á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e fai parte da rede de EOIs de todo o Estado.








