Modalidades de estudo na EOI de Lugo
1. Cursos ordinarios ensino oficial
A EOI de Lugo ofrece cursos ordinarios de alemán, chinés, español lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano e portugués.
O plan de estudos destes idiomas articúlase en tres niveis e 5,7 ou 8 cursos:
- a) Nivel básico: 1, 2 ou 3 cursos segundo os idiomas
- 1=nivel A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL) e
- 2=nivel A2 do MECRL
- 3= nivel A2 para Chinés
- b) Nivel intermedio B1: un ou dous cursos
- (1 e 2=nivel B1 do MECRL).
- (3 cursos para chinés)
- c) Nivel intermedio B2: un ou dous cursos
- (1 e 2=nivel B2 do MECRL).
- d) Nivel avanzado C1: un ou dous cursos
- e) Nivel avanzado C2: un curso
Ao rematar cada nivel o alumnado obtén o certificado correspondente:
- Nivel básico: certificado de nivel básico A2.
- Nivel intermedio: certificado de nivel intermedio B1 e certificado de nivel avanzado B2.
- Nivel avanzado: certificado de nivel C1 e C2
O alumnado que aprobe unha ou varias destrezas pode solicitar un certificado que o acredite.
Duración dos cursos académicos
Este é un resumo xeral da oferta educativa das escolas oficiais de Galicia (non quere dicir que en todas as escolas se impartan todos os niveis nin todas as linguas):

Os cursos ordinarios poden ser:
- anuais: 120 horas de duración, de setembro a xuño, repartidas en dúas sesións semanais de 2 horas.
- intensivos: 120 horas de duración, de setembro a febreiro ou de febreiro a xuño. Teñen 8 horas de clase semanais e permiten completar dous cursos dun mesmo nivel nun curso académico.
2. Cursos de actualización e especialización para o profesorado
Cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC): Son cursos organizados en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Lugo (CFR). A oferta de cursos varía dependendo da lingua. De 60 horas de duración, de nivel B2 e C1.
3. Cursos específicos de galego
Organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística: Hai cursos de linguaxe administrativa galega de niveis medio e superior, de 75 horas de duración, dirixidos a funcionariado e tamén cursos preparatorios de 60 horas de duración para examinarse dos certificados de lingua galega (Celga). Máis información nesta ligazón.
4. Ensino semipresencial.
Ademais, desde o curso 2021-2022, impartimos cursos ordinarios semipresenciais. Para saber en que consiste o ensino semipresencial e averiguar se é o que mellor se adapta ás túas necesidades, podes premer nesta ligazón.
5. Ensinanza a distancia.
A EOI de Lugo é desde hai xa moito tempo centro de apoio titorial do programa That’s English!, que permite estudar inglés a distancia. Máis información nesta ligazón.
6. Alumnado libre.
As persoas que queren obter os certificados da EOI examinándose por libre (sen dereito a asistir ás clases e preparándose para o exame pola súa conta) pode matricularse en calquera nivel das probas de certificación nos prazos establecidos. Os exames coinciden coa convocatoria ordinaria no mes de xuño. A matrícula para poder presentarse adoita ser uns meses antes.
![]() |
![]() |










