O ensino a distancia
(información pendente de revisión para o curso actual)
Pódese estar matriculado na EOI na modalidade de presencial/semipresencial no idioma de inglés e en That's English? Non. De estar matriculado nos dous sitios durante o mesmo curso escolar anularíase a matrícula que se formalizou máis tarde.
Ten a mesma validez o resultado da proba de clasificación que se realiza nas EOI que para That's English? Si, se realiza a proba de clasificación nunha EOI o resultado desta é valido para acceder directamente ao curso en That´s English!.
Xa fixen estudos nunha EOI na modalidade de presencial, son antigo ou novo alumno en That's English? É novo alumno polo que tería que aboar o importe de matrícula para este tipo de alumnado.
Xa fixen estudos en That’s English!, son alumno antigo ou novo nunha EOI? É antigo alumno.
En That's English pódese fraccionar o pagamento da matrícula? Non.
Hai límite de convocatorias en That’s English? Si, as mesmas que para a modalidade presencial (4 anos por nivel: básico, intermedio e avanzado).
Inflúen o número de convocatorias que se realizan na modalidade de presencial para matricularse en That's English? Si, e viceversa. As convocatorias que o alumnado faga nunha das modalidades (presencial/semipresencial ou That’s English!) contabilizanse tamén ao mudar de modalidade.
Matriculeime no período de xuño-xullo na modalidade de presencial e agora en setembro quero matricularme no That’s English, que teño que facer? Primeiro ten que solicitar a renuncia da matrícula feita na EOI. Aínda que se renuncie a esta matrícula non se devolve o importe de taxas que se pagou nese momento. Despois pode realizar a preinscrición e a matrícula en That's English! aboando o importe estipulado para a matrícula nesta modalidade.
Podo solicitar en That's English a devolución do importe de matrícula? Unha vez formalizada a matrícula só se procede a devolución do importe no suposto que dita matricula deba ser anulada por causas xustificadas non imputables ao interesado e dentro da data estipulada que fixa a Consellería.
Ata cando podo renunciar ás convocatorias en That’s English? Pódese renunciar antes da primeira convocatoria de avaliación de cada curso (habitualmente, en xaneiro). A aceptación desta solicitude de renuncia non lle da dereito á devolución do importe dos materiais correspondentes ao curso pero lle permite matricularse no curso seguinte sen efectuar de novo o pago correspondente ao material didáctico.
Onde se poden ver as cualificacións dos exames de That's English? Cada alumno ten que entrar na páxina web www.thatsenglish.com co usuario e contrasinal que se lle enviou ao inicio do curso ao seu correo electrónico.
Estiven matriculado en That's English e quero matricularme na EOI na modalidade de presencial, como teño que facer? Se foi alumno de That's English durante o curso actual e aprobou o curso na convocatoria de xuño ou en setembro, e o próximo curso se quere matricular na EOI, ten que poñerse en contacto ca oficina de That's English o antes posible para poder dalo de alta no programa de Centros Net e para que poida formalizar a súa matrícula. Neste caso os alumnos non van ao sorteo que realiza a escola para adxudicar as plazas.
Se foi alumno de That's English en cursos pasados, unha vez que teña a praza adxudicada na EOI ten que solicitar o traslado de expediente a That's English. Neste caso os alumnos van ao sorteo que realiza a escola para adxudicar as plazas.
Estiven matriculado nunha EOI e quero matricularme en That's English, como teño que facer? Debes de solicitar o traslado de expediente a EOI e achegalo coa matricula de That's English.
Estou matriculado no curso actual en That's English e quero matricularme por libre, podo facelo? Podes matricularte sempre e cando non sexa no mesmo nivel no que esteas matriculado en That's English!, exemplo: se estás matriculado en B1 non podes matricularte por libre para a proba de certificación de B1.
![]() |
![]() |










