Bolseiros
Bolsas do Ministerio de Educación para estudos post-obrigatorios ↩
DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, Artigo 7 ↩: Quedará exento do pagamento de prezos públicos o alumnado que reciba bolsas ou axudas ao estudo con cargo a fondos públicos.
Esta circunstancia deberá acreditarse coa correspondente documentación xustificativa de ter solicitado a axuda ou bolsa para estudos de idiomas.
Unha vez resolta a convocatoria de bolsas, o alumnado que resultara beneficiario deberá presentar a súa credencial de bolseiro na secretaría do centro onde se atope matriculado, e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente.
En caso de non resultar beneficiario, o alumnado deberá aboar os prezos correspondentes á matrícula, e, se for o caso, á apertura de expedientes, e aos servizos xerais, xunto cos xuros de demora correspondentes, que efectuará nun único pagamento, no prazo dun mes desde a publicación ou notificación da resolución pola que se concedan e/ou denegan as bolsas.
Pode consultar unha guía para pagar taxas na oficina virtual tributaria que atopará nesta ligazón.
No caso de non efectuar o pagamento procederase á anulación da matrícula en todas as materias, e para todos os efectos
![]() |
![]() |










