Cursos Monográficos Expresión Oral - Curso 2026-2027
Prema nas seguintes ligazóns para informarse sobre:
Listaxe oferta dos cursos monográficos 2026-2027. Datas de inicio e remate dos cursos. (A oferta educativa do curso 2026-27 pode estar suxeita a algún cambio)
| PRAZOS DE MATRÍCULA - CURSO 2026-27 | ||
| Temporalización | Lugar do curso | Prazo de matrícula* |
| Primeiro cuadrimestre | EOI Lugo | Do 08/06/2026 ao 18/09/2026 ás 14.00h |
| Segundo cuadrimestre | EOI Lugo | Do 09/12/2026 - 29/01/2027 ás 14.00h |
| * O prazo pode rematar antes se se esgotasen o número de prazas dispoñibles por curso. | ||
Documentación necesaria para facer a matrícula
Esta documentación achegarase en liña, na aplicación de matrícula correspondente, tal e como se explica no seguinte punto:
- DNI/NIE ou pasaporte (A matricula co pasaporte debe facerse presencialmente na oficina da EOI)
- Certificado válido de pagamento das taxas correspondentes ou da exención de pago, de ser o caso.
- Anexo 7.1- Documento de protocolo de menores para o alumnado menor de idade que deben encher os titores legais do alumnado. Pódese descargar o formulario do anexo 7.1 nesta ligazón.
Procedemento de matrícula dos cursos monográficos
A formalización da matrícula faise en liña dentro dos prazos establecidos e seguindo estes pasos:
| 1. Pague a taxa correspondente (ligazón taxas monográficos) e descargue ou escanee o xustificante do pago da taxa. Pode facer o pagamento en liña (a) ou de xeito presencial nalgunha das entidades bancarias asociadas (b): | ||
a) Pagamento en liña: Se o precisa, consulte esta Guía para pagar taxas na oficina virtual tributaria. Acceda á Oficina virtual tributaria e faga o pagamento das taxas correspondentes. Ao rematar o proceso de pago pode descargar o modelo 730 que certifica o pagamento. (Ver guía) Achegue o modelo 730 na ligazón de matrícula do centro onde se matricule. Este é o modelo válido para xustificar o pagamento; o recibo de pagamento con tarxeta NON é válido. | ||
b) Pagamento en entidades bancarias. Recolla impreso de taxas na oficia da escola ou descargue un impreso dende a Oficina virtual tributaria. Unha vez pagada a taxa, escanee o certificado de pago co selado do banco e achegue esta documenación na ligazón de matrícula do centro onde se matricule. | ||
| No caso de estar exento de pagamento, debe achegar o xustificante da exención no apartado designado ao certificado de pagamento. | ||
2. Prema na ligazón que corresponde á aplicación de matrícula do centro onde a quere formalizar. Cumprimente todos os datos e achegue correctamente toda a documentación necesaria segundo sexa o caso no apartado correspondente da aplicación de matrícula. | ||
| 3. Recibirase un correo electrónico do centro coa confirmación da formalización da súa matrícula unha vez que o alumnado achegue correctamente o resgardo de que efectuou o pago dos prezos públicos correspondentes e o resto da documentación requirida na resolución de matrícula, segundo corresponda. | ||
![]() |
![]() |










