Taxas na matrícula dos cursos monográficos
Pode consultar unha guía para pagar taxas na oficina virtual tributaria que atopará nesta ligazón.
A matrícula nos cursos de actualización e especialización custa 1,5 € por hora. Porén, a esta contía pódenselle engadir outros custos que dependen da situación académica do alumno como se pode ver nestes exemplos. Se ten dúbidas, consulte na oficina administrativa do centro antes de facer o pagamento.
| EXEMPLO PARA CURSOS CUADRIMESTRAIS DE 30 HORAS | ||||
| Apertura expediente | Servizos xerais | Taxas docencia do curso | Total | |
| 1) ALUMNADO ORDINARIO NOVO (1ª matrícula nunha EOI de Galicia) | 22€ | 13€ | 30 horas= 45€ | 80€ |
| 2) ALUMNADO ORDINARIO ANTIGO (non matriculado na EOI Lugo este curso*) | 0€ | 13€ | 30 horas= 45€ | 58€ |
| 3) ALUMNADO ORDINARIO (matriculado na EOI Lugo este curso) | 0€ | 0€ | 30 horas= 45€ | 45€ |
* Deberá achegar unha certificación académica da EOI onde cursou os estudos. Desglose de custos:
| ||||
| EXEMPLO PARA CURSOS CUADRIMESTRAIS DE 60 HORAS | ||||
| Apertura expediente | Servizos xerais | Taxas docencia do curso | Total | |
| 1) ALUMNADO ORDINARIO NOVO (1ª matrícula nunha EOI de Galicia) | 22€ | 13€ | 60 horas= 90€ | 125€ |
| 2) ALUMNADO ORDINARIO ANTIGO (non matriculado na EOI Lugo este curso*) | 0€ | 13€ | 60 horas= 90€ | 103€ |
| 3) ALUMNADO ORDINARIO (matriculado na EOI Lugo este curso) | 0€ | 0€ | 60 horas= 90€ | 90€ |
* Deberá achegar unha certificación académica da EOI onde cursou os estudos. Desglose de custos:
| ||||
Códigos de tramitación para matrícula | ||
| Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional | 07 | |
| Delegación de Lugo | 20 | |
| Servizo: Ensino Medio | 03 | |
| Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas | 350800 | |
Exencións e descontos:
Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.
- Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
- Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
- Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matricula, unicamente nas materias de nova matriculación, é dicir, as taxas de docencia se non é repetidor. Non están exentos da apertura de expediente nin dos servizos xerais, segundo proceda. (Débese achegar certificación da Dirección Territorial)
- As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
- As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%
- As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%
Máis información sobre exencións e descontos
![]() |
![]() |










