Exencións e descontos
O DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, Artigo 7 recolle as seguintes exencións e descontos nos prezos públicos:
| Exención | Contía | Documentación que se debe achegar |
| Familias numerosas de categoría especial | exención do 100% | Libro de familia coa data en vigor |
| Familias numerosas de categoría xeral | exención do 50% do importe total | Libro de familia coa data en vigor |
| Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05) | exención das taxas de matrícula, unicamente nas materias de nova matriculación (é dicir, as taxas de docencia se non é repetidor). Non están exentos da apertura de expediente nin dos servizos xerais. | Certificado asinado pola Dirección Territorial |
| Persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33% | exención do 100% | Documentación acreditativa |
| As vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos/as | exención do 100% | Documentación acreditativa |
| As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos/as | exención do 100% | Documentación acreditativa |
| Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións e descontos. | ||
Comparativo de taxas na modalidade oficial (en euros)
| Tipo de alumnado | 1 idioma e/ou nivel | 2 idiomas e/ou niveis | Proba de clasificación |
| Alumnado ordinario novo (1) | 127 | 219 | 17 |
| Alunmando ordinario antigo (1) | 105 | 197 | 17 |
| Familia numerosa xeral novo (1) | 63,50 | 109,50 | 8,50 |
| Familia numerosa xeral antigo (1) | 52,50 | 98,50 | 8,50 |
| Familia numerosa especial, vítimas de actos terroristas, cónxuxes e fillos/as; vítimas de violencia de xénero e fillos/as | 0 | 0 | 0 |
| Minusvalías >=33% | 0 | 0 | 0 |
| Funcionario/a docente novo/a (1,2) | 35 | 35 | 0 |
| Funcionario/a docente antigo/a (1,2) | 13 | 13 | 0 |
| 1. Por alumnado “novo” enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia; se pola contra estivo xa matriculado nalgunha EOI de Galicia considérase “antigo” 2. O funcionariado docente dos corpos establecidos na Lei orgánica 2/2006 só teñen exención na primeira matrícula para cada idioma e/ou nivel, non é de aplicación no caso de que repitan curso. Deben achegar certificación da Dirección Territorial. | |||
Comparativo de taxas na modalidade libre (en euros)
| Tipo de alumnado | 1 idioma e/ou nivel | 2 idiomas e/ou niveis |
| Alumnado ordinario novo (1) | 68 | 114 |
| Alunmando ordinario antigo (1) | 46 | 92 |
| Familia numerosa xeral novo (1) | 34 | 57 |
| Familia numerosa xeral antigo (1) | 23 | 46 |
| Familia numerosa especial, vítimas de actos terroristas, cónxuxes e fillos/as; vítimas de violencia de xénero e fillos/as | 0 | 0 |
| Minusvalías >=33% | 0 | 0 |
| Funcionario/a docente novo/a (1,2) | 22 | 22 |
| Funcionario/a docente antigo/a (1,2) | 0 | 0 |
| 1. Por alumnado “novo” enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia; se pola contra estivo xa matriculado nalgunha EOI de Galicia considérase “antigo” 2. O funcionariado docente dos corpos establecidos na Lei orgánica 2/2006 só teñen exención na primeira matrícula para cada idioma e/ou nivel, non é de aplicación no caso de que repitan curso. Deben achegar certificación da Dirección Territorial. | ||
![]() |
![]() |










