Probas de clasificación
Curso 2025-26
| Convocatoria de xuño 2025 | Convocatoria de setembro 2025 |
| Prazos de matricula para as probas de clasificación de xuño | Prazos de matricula para as probas de clasificación de setembro |
| Datas das probas de clasificación en xuño | Datas das probas de clasificación en setembro |
| Resultados xuño↩ | Resultados setembro↩ |
| Importante: Para un mesmo idioma, o alumnado deberá optar por facer a proba en xuño ou en setembro; non se pode facer en ambas convocatorias. | |
> Que son as probas de clasificación?
As probas de clasificación están pensadas para o alumnado que quere empezar a estudar unha lingua na escola de idiomas e xa ten coñecementos previos. A través destas probas diagnostícase o nivel da lingua na que o alumnado se quere matricular e os departamentos didácticos establecen o curso ao que podería acceder.
As probas de clasificación de cada idioma realizaranse de acordo co calendario publicado (ver ligazón arriba).
A proba dá acceso a un curso concreto e só a ese curso; isto quere dicir que non poderá matricularse nun curso inferior ou superior ao que indique a proba. O resultado obtido nas probas de clasificación terá validez para matricularse na modalidade oficial nas dúas convocatorias seguintes, este curso e o seguinte, en calquera das Escolas Oficiais de Idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Débese ter en conta que se o resultado da proba dá acceso a un curso que xa se superou nese idioma non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.
O alumnado que se inscriba nas probas de clasificación terá que facer máis adiante tamén a preinscrición no idioma correspondente, no nivel que se lle adxudicou, no prazo de preinscrición que corresponde ao alumnado de novo acceso que determine a Consellería de Educación.
O alumnado poderá matricularse nunha soa proba de clasificación por cada idioma durante un curso escolar.
> Que non son?
A proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, só fixa o nivel de acceso para poder matricularse nunha EOI de Galicia na modalidade oficial
A proba de clasificación non garante automaticamente unha praza, o alumnado deberá optar ás prazas ofertadas na EOI mediante o procedemento de preinscrición nos prazos previstos a tal fin.
> Quen pode facelas?
Terán dereito a realizar as probas de clasificación aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas dun idioma na modalidade presencial ou semipresencial.
Teña en conta que para acceder a estudos das EOIs, incluso a través da proba de clasificación, deberá ter 16 anos antes de rematar o ano en curso ou 14 se é para cursar un idioma distinto ao que está a cursar na ESO como primeira lingua estranxeira.
Así mesmo, poderán realizar estas probas as persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores ao que desexen acceder. Este alumnado deberá ter en conta que se o resultado da proba lle dá acceso a un curso que xa superou nese idioma non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.
O alumnado poderá matricularse nunha soa proba de clasificación por cada idioma durante un curso escolar.
Procedemento de inscrición nas probas de clasificación
Para formalizar a matrícula nas probas de clasificación debe achegar a seguinte documentación dentro dos prazos establecidos para a inscrición do idioma correspondente. Só se admitirán formularios enviados dentro do prazo de matrícula de clasificación.
1. Solicitude de inscrición de matrícula. Descargar e cubrir o seguinte formulario editable. (Débese enviar un formulario por cada lingua na que desexe facer a proba de clasificación)
2. Xustificante do pagamento da taxa correspondente. A taxa da proba de clasificación é de 17 € por idioma. No caso de estar exento do pagamento, debe achegar o correspondente xustificante da exención. (Para máis información sobre as taxas premer aquí)
- Se o pagamento se fai nunha entidade bancaria, pode recoller o impreso de taxas na oficina administrativa da escola (ou descargalo dende Atriga↩). Neste caso, deberá escanealo para poder envialo por correo.
- Se o pagamento se fai en liña, debe descargar e achegar o modelo 730 xa que o recibo de pago con tarxeta NON é válido. Se precisa orientación para facer o pagamento en liña, pode consultar unha guía para pagar taxas na oficina virtual tributaria que atopará nesta ligazón.
3. Identificación. Copia do seu documento de identidade (DNI por ambas caras)
4. Achega da documentación. Enviar a documentación ao correo eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal poñendo no asunto: proba de clasificación + nome da persoa que se matricula). Alternativamente, tamén se pode entregar a documentación na oficina administrativa do centro dentro dos prazos previstos.
![]() |
![]() |










