Taxas da matrícula para a proba de clasificación
As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17/06).
Pode consultar unha guía para pagar taxas na oficina virtual tributaria que atopará nesta ligazón.
| Inscrición na proba de clasificación (por cada idioma) | 17€ | |
| Códigos de pagamento | Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional | 07 |
| Delegación de Lugo | 20 | |
| Servizo: Ensino Medio | 03 | |
| Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas | 350800 | |
Exencións e descontos:
Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.
- Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
- Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
- Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matricula, unicamente nas materias de nova matriculación, é dicir, as taxas de docencia se non é repetidor. Non están exentos da apertura de expediente nin dos servizos xerais, segundo proceda. (Débese achegar certificación da Dirección Territorial)
- As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
- As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%
- As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%
Máis información sobre exencións e descontos
![]() |
![]() |










