Accesos directos por titulación
É posible acceder a cursos superiores ao inicial (A1 na maioría dos idiomas; A2 en galego e portugués) facendo valer un título ou certificado emitido por outra institución. (O acceso a un nivel determinado non supón o recoñecemento ou certificación dos niveis anteriores.)
As acreditacións de idioma e titulacións académicas aceptadas están recollidas na Orde do 21 de xuño de 2016. Consulte as seguintes ligazóns para informarse sobre:
- Titulacións doutros organismos (segundo a Orde do 21 de xuño de 2016)
- Accesos directos aceptados para estudar galego
- Accesos directos aceptados para estudar español lingua estranxeira
Ademáis, a norma permite que o alumnado que superou os seguintes niveis académicos na ensinanza secundaria ou Bacharelato poidan acceder á EOI aos seguintes niveis:
- Coa primeira lingua estranxeira cursada e aprobada na ESO ou até 2 BUP: accede ao nivel A2
- Coa primeira lingua estranxeira cursada e aprobada no Bacharelato ou até COU: accede ao nivel B1
Se opta por esta vía de acceso debe saber que:
- acceso directo é unha opción que fai valer o alumnado; isto quere dicir que non é posible solicitar a modificaicón da matrícula se, unha vez comezado o curso, o nivel real do alumno/a non se corresponde co do curso no que se matriculou.
- para facer valer un acceso directo por titulación abonda con que se presente o título ou certificado que acredite un coñecemento previo do idioma de interese xunto coa documentación de matrícula. (o libro de escolaridade ou un certificado do IES no caso de acceso directo por desde ESO ou Bacharelato);
- o acceso é exclusivamente para o curso estipulado; non é posible acceder a un curso inferior.
![]() |
![]() |










