Matrícula en período de vacantes
Para o alumnado oficial que non se matriculase nos prazos anteriores, que non fose admitido na preinscrición ou que non participase no proceso de preinscrición.
As vacantes son prazas que quedaron sen adxudicar nos distintos grupos e idiomas. A matrícula en modalidade oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir aos cursos presenciais e semipresenciais que se ofertan na EOI de Lugo.
Proceso de matrícula
O proceso de matrícula en período de vacantes faise en liña, segundo as instrucións establecidas pola Consellería de Educación. Porén, o alumnado que non estea en posesión dun DNI ou NIE debe presentarse de xeito presencial na oficina administrativa da EOI de Lugo para matricularse.
Ligazón para matricularse no período de vacantes
PRAZO de matrícula en vacantes: do 26/07/2026 ás 00:00 horas ao 18/09/2026 ás 23.59 horas.
(ou ata que se cubran as prazas en cada un dos grupos)
Preme nas seguintes ligazóns e infórmate:
- Información xeral sobre a matrícula oficial
- Horarios e grupos do curso 2026-2027
- Documentación necesaria para formalizar a matrícula
- Taxas da matrícula oficial
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade da documentación que presenten.
As escolas poderanlle solicitar ao alumnado que presente os documentos orixinais para cotexar as copias electrónicas da documentación que presente.
A documentación só se pode presentar de xeito telemático. Desde o centro comunicaráselle a cada alumno por correo electrónico o estado da matrícula.
Importante: Debe saber que a posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique.
![]() |
![]() |










