Para poder matricularse por primeira vez
Para poder matricularse por primeira vez na EOI de Lugo debe ter en conta o seguinte:
- Idade de acceso á EOI: Para acceder aos estudos das EOI deberá ter 16 anos feitos no ano natural de comezo dos estudos para calquera idioma ou 14 anos feitos para un idioma diferente ao cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira)
- Nivel de acceso: Pódese acceder a un curso superior ao máis básico do itinerario (A1). Prema nesta ligazón para saber máis sobre o nivel de acceso
- Oferta educativa da EOI de Lugo: Podes estudar 8 idiomas diferentes na EOI de Lugo (alemán, chinés, español lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, e portugués). Na extensión de Sarria dependente da EOI de Lugo tamén se pode estudar inglés. Prema aquí para máis información sobre que se pode estudar na EOI de Lugo.
- Oferta de horarios e grupos do ano en curso. Debe saber que a posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique. Prema aquí para informarse sobre os grupos e horarios por idioma para o vindeiro curso.
- Proceso de matrícula. O proceso de matrícula faise en liña, segundo as instrucións establecidas pola Consellería de Educación.
- O alumnado que non estea en posesión dun DNI ou NIE debe facer a súa matrícula de xeito presencial na oficina administrativa da EOI de Lugo.
- O alumnado que non estea en posesión dun DNI ou NIE debe facer a súa matrícula de xeito presencial na oficina administrativa da EOI de Lugo.
- Preinscrición. O alumnado de novo ingreso precisa preinscribirse e esperar unha adxudicación de praza antes de poder facer a súa matricula. Unha vez obtida praza, debe formalizar a súa matrícula nos prazos determinados para que esta quede formalizada. Prema aquí para máis información sobre que alumnado debe facer preinscrición de matrícula.
- Español lingua estranxeira. Para matricularse nun curso de español como lingua estranxeira debe acreditar a súa condición de cidadán/á dun país en que a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española.
- Probas finais: As datas de realización das probas finais poderán ser en días e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula. Ademais, na convocatoria extraordinaria poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.
- Alumnado menor de idade: O alumnado menor de idade debe achegar documentación adicional para matricularse. Para máis información sobre documentación que debe achegar o alumnado menor de idade prema aquí.
- Adaptación de probas. O alumnado que precise unha adaptación para os exames debe cubrir e presentar unha solicitude de adaptación de probas e achegala coa restante documentación de matrícula. Para máis información sobre a solicitude de adaptación de probas prema aquí ↩
![]() |
![]() |










