Alumnado menor de idade- Modalidade Oficial
Para acceder aos estudos das EOI deberá ter 16 anos cumpridos no ano natural de comezo dos estudos para calquera idioma ou 14 anos para un idioma diferente ao cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira.
Por este motivo, se a persoa que se matricula é menor de 16 anos a 31 de decembro deberá achegar xunto coa documentación de matrícula o anexo IV (Certificado da primeira lingua estranxeira cursada na ESO) en que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na ESO, expedido polo centro de secundaria onde estea cursando os seus estudios. Pódese descargar o formulario do anexo IV nesta ligazón.
Ademais, os titores legais do alumnado menor de idade deberán ler e encher o anexo 7.1 (Protocolo de menores) que os informa sobre o control de faltas de asistencia do alumnado e como se notificarán as ausencias do profesorado. Este documento débese achegar debidamente asinado xunto coa restante documentación de matrícula. Pódese descargar o formulario do anexo 7.1 nesta ligazón.
![]() |
![]() |










